sábado 26/9/20

Os mercados

Hai un par de anos falaba eu dunha famosa frase do ministro Montoro

Hai un par de anos falaba eu dunha famosa frase do ministro Montoro, que dixo aquilo de que o Partido Popular ía gañar as eleccións, “porque los mercados no son gilipollas”. 
Agora é o momento idóneo para saber canto hai de verdade no comentario do inefable señor Montoro. Para comezar, eu non teño moi claro quen ou que cousa son os mercados, mais non teño por que dubidar da afirmación do señor ministro. 
Porén, atópome coa incuestionable verdade de que os mercados non votan, así que, quen lle da os votos ao Partido Popular? A resposta é tamén incuestionable: os votos danllos os cidadáns. E pois logo, a conclusión lóxica parece ser que os cidadáns que lle dan o voto ao Partido Populsr son “gilipollas”. 
Mais esta afirmación non é tan incuestionable como as anteriores, pois todo o mundo sabe que hai quen vota ao Partido Popular por interese propio e, xa que logo, so unha parte deses votantes serían “gilitos”. E aí está a clave: na cantidade de “gilitos” que voten ao Partido Popular.  Cousa difícil de saber, non si? 

Comentarios