Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

Nace ACESada, a nova asociación de empresarios de Sada

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Capela de San Roque acolleu o acto de presentación da nova  Asociación de Comerciantes y Empresarios de Sada (ACESada). Un colectivo destinado a fortalecer os lazos entre os comercios e empresas locais co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e fomentar unha maior cercanía cos clientes.

Na súa intervención no acto, o alcalde, Benito Portela, instou á entidade a traballar en conxunto co Concello para facer de Sada una vila máis activa tamén no eido económico

O rexedor e o concelleiro de Promoción Económica, Ricardo Berrocal, acompañaron no acto á presidenta desta entidade, Luisa Alejandre, e ó vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia, Rafael Penide.

Portela destacou a importancia de que Sada volva contar cunha entidade tan relevante para calquera vila como unha asociación de empresarios. O rexedor sadense quixo transmitir a “absoluta vonte de colaboración dende o Goberno local que presido para consolidar Sada como unha vila activa tamén no eido económico. Portela aproveitou a súa intervención para celebrar tamén a próxima creación da asociacion de hostalaría de Sada.

“Sabemos que unha relación fluída e de confianza mutua entre asociacións e Concello servirá para mellorar a actividade económica da nosa vila nestes vindeiros anos. Neste sentido, permitídeme que vos diga que na concellería de Promoción Económica que dirixe o concelleiro Ricardo Berrocal teredes a un aliado na defensa dos intereses do tecido económico Sadense.”

O rexedor recoñeceu tamén os cambios que se deben impulsar por parte das administracións reducindo a burocracia e os trámites excesivos que dificultan a actividade económica de moitos autónomos. Con todo, Portela destacou que Sada “está nun bo momento económico e a nosa obriga e axudarvos a consolidar a oferta económica da nosa vila.

“Hai unha idea fundamental que quero destacar como cliente que sabedes que son do comercio sadense: En Sada un pode comprar todo o que precisa sen necesidade de ir a outra vila ou comprar por internet” concluiu o rexedor.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620