No centenario de Molezúm

Neste ano celébrase o centenario do nacemento do arquitecto coruñés Ramón Vázquez  Molezún ( A Coruña, 1922-1993) e, con tal motivo, está a recibir a merecida homenaxe, por parte do noso Concello coa edición dun catálogo, no que participan coñecedores da súa obra e cunha mostra na Fundación Luis Seoane, na que se destaca, como emblema do seu quefacer, a súa casa de A Roiba . Recoñecido como un dos nosos máis importantes e singulares arquitectos do século XX, a súa impronta na nosa cidade aparece en edificios como a sede do Banco do Noroeste, en Linares Rivas,( 1964-1969); as dúas torres do polígono de Elviña, a sede da Fundación Barrié nos Cantóns; ou o edificio de vivendas da praza da Palloza ( no que, por certo, teño eu a miña vivenda). Home de múltiples habilidades, merece destacarse que, ademáis de licenciarse en arquitectura en Madrid, no ano 1948,  tamén se dedicou á pintura i expuxo no Pabellón de España da XXV Bienal de Venecia ( 1950) e participa en varias mostras, entre elas unha colectiva de Arte Gallego de A Coruña (1952), recibindo a primeira Medalla do Ministerio de Educación, pola súa obra “Brujas”. Xa dende os inicios, os seus proxectos arquitectónicos reciben recoñecemento e son obxecto de distincións. Hai que destacar, entre outros, os seguintes premios: Nacional de Arquitectura polo Museo de Arte Contemporáneo (1954), 1º premio para realizar o Pabellón de España da Exposición Universal de Bruselas de 1958, que tamén será premiado como a millor obra do ano polo Círculo de Estudios de Arquitectura de París, 1º premio para o edificio Central de Bankunion en Madrid, (1970, etc. Antes do 50 anos ten recibido máis de vinte premios, algúns compartidos con arquitectos colaboradores. En 1992, concédeselle a Medalla de Ouro do Consello Superior do Colexio de Arquitectos, pola obra feita en colaboración con José A. Corrales. Unha característica da súa arquitectura é a preocupación polo orgánico e por establecer un diálogo entre modernidade e tradición,. No caso dos seus edificios coruñeses, por exemplo, esto é visible na reinterpretación que fai das galerías. 
 

A súa casa de A Roiba, que se ergue na beiramar a carón dunha antiga fábrica de salazón, como a proa dun barco á espera de se facer ao mar, é todo un modelo de liberdade creativa e de arquitectura naturalista e orgánica, onde a xeometría dialoga coas formas e materias da construcción popular; foi concebida como un elemento activo e mudable, e as solucións aplicadas aquí tiveron repercusións noutras obras súas e as que fixo en colaboración con Antonio  Corrales ou Alejandro de la Sota. Como din Nuria Prieto e Álvaro L. G. Mallo, no estudo que lle dedican,  esta súa casa da Roiba “...condensa i expresa a súa forma de comprender a arquitectura”. Aínda que dende o funcionalismo, a súa sensibilidad pictórica  aflora nos materiais, cromatismo, ritmo e  texturas que usa. Sen dúbida, entre o grupo de nomes que, nos anos 50, reinician a modernidade en España, él ten un lugar esencial.

No centenario de Molezúm

Te puede interesar