Das friaxes matinais

Unha vez consumado o cambio no liderado do PP; de que Casado fora degradado e despoxado de todos os seus cargos, e de ser recibido Feijoo case baixo palio, agora é cando empeza o tempo de xestionar a realidade e facelo con rigor e criterio. E isto empeza coma co mesmo relato da predición do tempo, con néboas matinais que, agardamos vaian levantando a medida que avance o día. Esta película xa a coñecíamos en Galicia. Moita parafernalia, e moito comprometer diálogo e acordos, e cando chega a hora da verdade sempre aparecen os inventos, sacados da manga da factoría Feijóo, que fan imposible calquera tipo de acordo.


Xa o dixeramos columnas atrás, cambiaron todo para que nada cambiara. Recorre a unha posta en escena de xerar expectativas para captar a atención e remata nunha rolda de prensa onde tira de victimismo e dramatización, para escenificar o fracaso, que sempre segundo di, é culpa dos demais.


Tristemente recoñecemos que desde Galicia, non agardabamos outro resultado diferente. É unha verdadeira mágoa, por que se hai algún momento histórico necesitado da unidade e do acordo, é precisamente este. Qué máis tería que pasar para que a oposición entenda a verdadeira utilidade do seu papel institucional e de servicio a toda a sociedade? Xusto nun momento crítico e dramático para o conxunto de Europa. Xogar a vender moderación se non vai acompañado dunha praxis que amose verdadeiros cambios, non serve para nada. Chamarlle simplemente pillos aos delincuentes que gañaron millóns en comisións de cartos públicos no Concello de Madrid, ou falar da Gürtel coma se fora allea ao PP, non axuda moito. Feijoo ten agora a oportunidade de demostrar sentido de Estado, ou pode desentenderse, coma os seus antecesores, e confirmar que realmente é un máis do nutrido club dos prescindibles.


Non hai discurso máis fondo que a emoción horizontal da tenrura. Nin palabra con maior eternidade que quererte...

Das friaxes matinais

Te puede interesar