Se chove, que chova

En Galicia, este é tempo de verán, de festa e de traballo, tempo quente ou fresco, segundo cadaquén queira ou viva. En Ourense non. Nesa grande cidade, de familiares e amigos, de arte, de humildade e monumentalidade, a calor non responde ao que se pide. Quenta sobre o acalorado e nace a auga fervendo en cada unha das esquinas e na fonte do medio de calquera das prazas.
 

En Ourense, en calquera tempo, ferven As Burgas, esas fontes termais que  a súa auga cura as doenzas da xente na pel, na cabeza e na alma. Moitos non creen na dor da alma, pero ninguén dubida da acordanza dos seus lamentos e das choradas significadas, aínda que fosen caladas. As Burgas son un dos espazos máis queridos, máis simbólicos e emblemáticos de cidade de Ourense, son como o falar das súas orixes, o falar doutros tempos. 
 

Os amigos labradores da Galicia rural e os pescadores mariñeiros na mar que nos rodea saían á porta da casa, escoitaban o silencio, miraban para a ceo e vían o romper da madrugada. 
 

A dirección do vento, a claridade da noite, o movemento e a forma das nubes eran indicativos claros para saber se vai ou non vai chover. En cada lugar e en cada punto, o costume e a experiencia ditaminaban sen equivocación. 
 

Agora, a ciencia e a informática son algo máis precisas. 
 

Aquelas persoas que están ao mando das estacións meteorolóxicos din canto, cando e onde vai chover e, normalmente, acertan. Cada ano Meteogalicia, organismo encargado da observación e predición meteorolóxica, elabora un informe do que aconteceu na nosa terra en referencia á climatoloxía. Ninguén mira pola fiestra do cuarto e todos os que traballan aquí, recollen, interpretan e explican os datos obtidos cientificamente.
 

Estes datos seguen dándolle certeza a aquel dito popular de que “nunca choveu que non escampara” e advirten das variacións climáticas que se producen nas distintas comarcas. En 2022, os meses con máis humedén en Galicia foron marzo, novembro e decembro. 
 

E onde máis choveu foi en  Lousame, Santa Comba, Val do Dubra e Zas, na provincia de A Coruña; en Fornelos de Montes, Cuntis, Poio, Tui e Forcarei, en Pontevedra. Os lugares con menos choiva sitúanse nas provincias de Ourense e Lugo, entre eles, Larouco, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Ribas de Sil e Foz. 
 

Pois, adiante! “Se chove, que chova”.

Se chove, que chova

Te puede interesar