Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

Comeza o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Oleiros

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

Un total de 44 persoas garantirán a seguridade nas praias do municipio desde hoxe e ata o día 15 de setembro en horario de 11 a 20 horas. O servizo de salvamento e socorrismo está formado por  30 socorristas, 6 patróns de embarcación, 6 auxiliares de información e primeiros auxilios, 1 supervisora e 1 xefe de equipo.

Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos das praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza aprobada no 2014 que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.

O Concello fai un chamamento a todas as persoas usuarias das praias a que respecten as normas e atendan as indicacións dos socorristas. Un consumo responsable da auga das duchas e o uso das papeleiras son algúns dos comportamentos individuais que poden axudar a mellorar estes espazos públicos. Durante o verán tampouco está permitido acceder con cans ás praias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina