Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta sube a orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para programas con fins sociais

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Xunta de Galicia incrementa en 5,2 millóns de euros a orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF destinada a financiar programas de carácter social, ata alcanzar os 33 millóns de euros, un 20% máis que a anterior convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns o aumento de crédito, que ten por obxecto atender todas as solicitudes que cumpran cos criterios establecidos.

Beneficiarios

Poderanse beneficiar destas achegas as entidades que traballen no ámbito da Consellería de Política Social e Igualdade, é dicir, que desenvolvan accións destinadas á protección da infancia, a atención das persoas maiores e con discapacidade, a inclusión social, a promoción da igualdade entre homes e mulleres, ou a prevención da violencia de xénero e o apoio ás vítimas e aos seus fillos.

Estas axudas permiten, ademais, financiar obras ou mercar vehículos e outro tipo de equipamento. Ata o de agora, tan só podían utilizar as achegas para estes conceptos as entidades do ámbito da atención ás persoas maiores e con discapacidade, pero, como novidade, agora tamén poderán facelo as que se dedican á infancia, a familia e a inclusión social.

NO pasado ano 2023, financiáronse grazas a estas axudas ao redor de 700 programas e accións de carácter social da man de case 150 entidades.

Como na anterior convocatoria, o Goberno galego anticipará aos beneficiarios o 100% da subvención cando lles sexa notificada a concesión, permitindo, desta maneira, que a xustificación das achegas realícese posteriormente, unha vez completadas as actividades financiadas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620