Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta organiza un mercadillo de segunda man na Coruña para concienciar sobre reciclar

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta organiza os días 17 e 18 de maio na Coruña un mercadillo de segunda man, O Tinglado, para concienciar sobre a reciclaxe e a importancia de comprar con prudencia. Explicouno este venres a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen manifestou que os residuos “teñen que pasar de ser un problema para ser unha oportunidade”.

Nesta iniciativa, xa celebrada en Vigo e Ferrol, venderase roupa, discos, libros ou elementos de decoración. Os interesados en vender os seus obxectos xa poden inscribirse para acceder a un dos stands gratuítos. “As pezas non deben acabar nunha entulleira”, avisou Vázquez, que informou de que “en Europa emítense nun ano 121 millóns de toneladas de gases contaminantes”, algo que “hai que reducir”.

A conselleira recoñeceu que “está ben comprar, pero hai que facelo con prudencia”. Lembrou que a Xunta destinará 25 millóns á construción e xestión da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia, no Complexo Ambiental de Sogama, en Cerceda, que entrará en funcionamento “a mediados de 2026”. Ademais, sinalou que  “todos os concellos están obrigados a ter contedores específicos de téxtil”.

Tamén explicou que a Xunta está “á beira dos concellos”, por iso é polo que se dean compensacións a aqueles que “fagan ben o seu traballo”.

“Desde 2025 ata 2028, facémolo cos aparellos eléctricos e electrónicos, e os gobernos locais pasan de cobrar 96 euros por tonelada co anterior convenio a 130 euros”, expuxo, e engadiu que se acaba “de asinar o convenio para a xestión de pilas e acumuladores portátiles”.

Sobre a instalación na Coruña do quinto contedor, Vázquez informou de que o Concello “está pendente de asinar” esta implantación e, aínda que está fóra de prazo, ten de límite “este 2025”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620