Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte metropolitano en 2025

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte metropolitano en 2025 con independencia do que decida finalmente facer o Estado con respecto aos seus descontos, dos que anunciou a posible retirada ao rematar o ano. Así, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou hoxe que, do 50% de desconto no prezo do billete que se viña aplicando de xeito compartido entre os gobernos estatal e autonómico, asumindo e 30% e o 20% respectivamente, a Xunta manterá a súa parte a maiores das diferentes vantaxes impulsadas a nivel autonómico. Entre elas están a redución do 10% sobre a tarifa en efectivo, descontos adicionais do 15% para usuarios recorrentes e de ata o 50% para membros de familias numerosas, ou transbordos gratuítos dentro das áreas de transporte metropolitano.

Nesta liña, recordou que a Xunta traballa na futura implantación da Área de Transportes de Galicia, unha área única de transporte para toda a comunidade que suporía estender as vantaxes das áreas de transporte metropolitano, de maneira que os transbordos sexan gratuítos en todas as viaxes.

Diego Calvo fixo este anuncio hoxe na Coruña nun acto xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, no que comprobou cunha persoa usuaria o funcionamento da Tarifa +65, cando está a punto de cumprirse un ano desta medida pioneira para o fomento do transporte público entre as persoas maiores de 65 anos.

Segundo sinalou o conselleiro, o mantemento das bonificacións enmárcase no firme compromiso do Goberno galego coa mobilidade. “Galicia pode presumir dun Plan de transporte público referente, con tarifas máis económicas e uniformes para todo o territorio e amplas vantaxes a través da Tarxeta de Mobilidade de Galicia”, apuntou.

Ampliación TXN e Tarifa +65

Tamén se referiu á ampliación a 2025 das bonificacións pioneiras no Estado para menores de 21 anos, a través da Tarxeta Xente Nova, e maiores de 65, a través da Tarifa +65. A través delas, facilítanselles aos colectivos beneficiarios ata 60 viaxes de balde ao mes no autobús interurbano, no transporte marítimo da ría de Vigo e no ferrocarril de proximidade na área de Ferrol. O presuposto para o vindeiro ano para ambas as medidas supera os 17 millóns de euros.

Na actualidade preto de 127.000 menores de 21 anos se benefician das vantaxes da Tarxeta Xente Nova, dos que máis de 21.800 se sumaron nos nove primeiros meses deste ano. Ata o final de setembro, este colectivo realizou máis de 4,8 millóns de viaxes gratuítas, un 11% máis que no mesmo período do ano anterior. Nesta liña, cómpre sinalar que as viaxes pagadas con esta tarxeta medraron o pasado ano ata os seis millóns, a cifra máis alta desde que se puxo en marcha, incrementándose un 24% con respecto ao ano anterior. Por concellos, Vigo é o que ten máis tarxetas Xente Nova activas, con 11.147 tarxetas, seguido da Coruña, con 9.090, e de Santiago de Compostela, con 6.883 tarxetas.

O obxectivo desta medida, posta en marcha pola Xunta en 2016 e que non deixou de medrar desde entón, é contribuír á economía familiar e facilitarlle á mocidade o acceso a servizos básicos ao tempo que se fomenta o transporte público e unha mobilidade sustentable nesta franxa de idade. Desde a súa creación o investimento supera os 27 millóns de euros.

No que se refire á tarifa +65, posta en marcha tamén con carácter pioneiro a comezos de ano, suma xa máis de 105.000 usuarios que realizaron ata finais de setembro 2,44 millóns de viaxes gratuítas. Por concellos, A Coruña é o que ten máis tarxetas coa tarifa +65 activas, con 12.709 tarxetas, seguido de Vigo, con 12.037, e de Santiago de Compostela, con 7.885 tarxetas.

Ambas as medidas enmárcanse no Plan de Transporte Público de Galicia, unha ferramenta de referencia no resto das comunidades e que supón un investimento anual de 150 millóns de euros, incluíndo o transporte interurbano, adaptado e escolar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620