Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

‘Martinho’ azouta de novo Galicia con fortes ventos, mar brava e abundantes choivas

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A borrasca ‘Martinho’ azoutou de novo a Galicia este sábado, unha xornada de alerta laranxa por temporal costeiro no que tamén se rexistraron fortes ventos e choivas na comunidade.

Neste senso, a boia de Portos do Estado situada en cabo Silleiro, Baiona (Pontevedra), rexistrou unha onda de 7,8 metros ás 11.00 horas da mañana de onte.

Pola súa banda, MeteoGalicia informou de que a máxima de vento tivo lugar en Xares, municipio da Veiga (Ourense), con 99,3 quilómetros por hora ás 02.30 horas da madrugada. Mentres, o municipio coruñés de Zas acumulou ao longo do día 43 litros por metro cadrado de choiva.

A Xunta de Galicia informou da alerta laranxa na costa a municipios afectados, deputacións, Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. Igualmente, a Secretaría Xeral para o Deporte suspendeu durante a xornada  toda a actividade deportiva federada no mar.

O Goberno galego chamou tamén a extremar as medidas de seguridade en calquera actividade no mar e lembrou a importancia de manterse afastado das zonas de costa.

Neve a 800 metros

Asimesmo, MeteoGalicia indicou que ‘Martinho’ estaba situada no Cantábrico, o que deixou en Galicia un corredor de ventos do norte con aire frío e chuvascos.

A cota de neve estivo nos 1.200 metros, pero baixou a 800 na tarde. MeteoGalicia fixou aviso amarelo na montaña de Ourense e Lugo por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros por encima dos 1.000 metros.

Xa en fase de disolución, ‘Martinho’ dexará este domingo choivas no Cantábrico e neve nas montañas do norte e centro peninsular segundo a Aemet

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620