Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Foro Económico de Galicia ve datos “moi bos” e prevé máis crecemento

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, aprecia unha “conxuntura económica moi boa” en Galicia, con datos “sorprendentemente bos” tanto na comunidade como en España, “unha das illas de crecemento”. A isto únese unha xeración de emprego que é de “máis calidade” que en anteriores etapas.

En rolda de prensa, celebrada en Santiago, Lago valorou o avance galego, aínda que segue por baixo da media española. Iso si, cun recorte do diferencial co conxunto estatal.

Cuestionado sobre as previsións para 2025, Lago augurou que “vai manterse no tempo” o crecemento de Galicia, aínda que será con taxas en 2025 “un pouco por baixo” de 2024. Así mesmo, puxo o foco sobre a alza económica que se vive no país é máis sólida que a que se producía en España debido á burbulla inmobiliaria.

Tamén valorou que o déficit “se vai reducindo”, pero apuntou unha débeda que segue por encima do 100% do PIB. Así, Lago reflexionou sobre se alguén falase en 2020 de que se ían a producir estas taxas de crecemento e emprego no ano 2024, diríase que era un escenario “excesivamente optimista”.

Continuidade na liña positiva

E é que a economía galega acumula 14 trimestres consecutivos de crecemento. O economista e expresidente da Xunta, Fernando González Laxe, chamou a atención sobre o “tirón” vivido no terceiro trimestre de 2024, “moi superior” ao que sucede noutros países europeos. Incidiu en que a economía galega crece “un pouco menos” que a española, pero vai “compasándose” aos seus ritmos.

A suba do terceiro trimestre prodúcese porque: seguen os bos datos de exportacións, mellora o consumo doméstico e hai un aumento do investimento público coa inxección en Galicia de 3.500 millóns dos fondos Next Generation. Automoción e téxtil seguen á fronte, á vez que a industria manufactureira crece de forma récord. Por contra, os datos son negativos no sector primario.

Laxe puxo o foco sobre que Portugal desbancou a Francia no primeiro posto das exportacións galegas, reflexionou sobre o proceso de “relocalización” que se vive en relación con empresas da automoción e apuntou á “materia pendente” de ampliar o marco xeográfico de vendas ao exterior.

Con todo, falou de tres problemas de Galicia: o nivel de produtividade segue por baixo de España –por cuestións como tamaño das empresas e tecnoloxía–; unha redución de 15.000 empresas entre 2020 e 2023, cunha taxa de supervivencia “cada vez menor”; así como salarios “moi por baixo” de España e Europa. A media de Galicia é de 21,7 euros por hora, lonxe dos 24,8 euros de España e os 28,2 da Unión Europea.

José Francisco Armesto fixo un balance “moi positivo” do mercado laboral, no que mellora a ocupación e a calidade do emprego ao reducirse a temporalidade.

O paro descende por primeira vez do 9% desde 2008. No terceiro trimestre creouse emprego indefinido no sector privado, fundamentalmente entre mulleres, con auxes da industria e a construción. Aumenta a poboación activa e hai maior dinamismo no emprego por conta propia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620