Feijóo salienta que o Goberno só resolveu o 20% dos fondos europeos destinados ás empresas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que o Goberno só resolveu o 20% dos fondos europeos Next Generation, que convocou e que se destinan directamente ao tecido produtivo en 2021. Neste sentido, urxiu máis axilidade e cogobernanza no reparto, pois que foi o propio Executivo central o que se reservou o 100% dos fondos para proxectos industriais.


Durante a súa participación no coloquio “Un Vigo aberto nunha Galicia mellor”, Feijóo incidiu en que os fondos europeos para a reactivación económica son unha oportunidade histórica. “Este atasco pon en perigo unha recuperación rápida e eficaz”, afirmou o presidente galego.


Ante esta situación, e logo de recordar que só un de cada cada euros dos fondos europeos son xestionados polas comunidades, avogou por abrir a xestión, “porque a economía e a empresa de Galicia non merecen ser espectadoras dunha obra na que son as verdadeiras protagonistas”.


Nesta liña, resaltou novamente que Galicia presentou unha candidatura sólida, na que se aposta pola colaboración público-privada, por traballar man a man todos os axentes e por sectores estratéxicos para a comunidade: automoción, biotecnoloxía e saúde personalizada, agroalimentario, economía circular e forestal.


Compromiso con Vigo

Por outra banda, o presidente da Xunta asegurou que Galicia precisa dese gran Vigo aberto, que abrazou as súas aspiracións e multiplicou as oportunidades. “Un Vigo aberto co que a Xunta está comprometido”, incidiu, expoñendo os vindeiros fitos da acción de goberno.


Nesta folla de ruta, confirmou que a finais do vindeiro mes de marzo rematarán as obras da Cidade da Xustiza, tras un investimento de 43 millóns de euros.


Nese mesmo mes finalizarán as obras da estación de buses da intermodal (inversión de 18 millóns), aínda que para o seu funcionamento precisan a posta en servizo dos accesos por parte do Concello, recalca.


Así mesmo, rematarase a ampliación do IFEVI (7,3 millóns de euros), así como o proxecto de execución da nova residencia de maiores“, engadiu.


Tamñen lembrou que a Administración autonómica segue pendente do Concello para licitar as obras da urbanización do Campus do Mar da ETEA, ademais de avanzar que, nos vindeiros meses, dará comezo a construción do módulo cuberto de atletismo e rematarase a lonxa de Canido.


En relación á actividade económica, en abril finalizará o terceiro prazo de adxudicación de solo na PLISAN, a maior bolsa de solo industrial de Galicia.


No eido sanitario, resaltou que, unha vez operativo o centro de saúde de Bouzas e xa licitadas as obras do Centro de saúde integral Olimpia Valencia, neste 2022 destinaranse 2,6 millóns para actualizacións permantentes no Álvaro Cunqueiro e, na primeira metade do ano, porase fin á mellora da climatización do Meixoeiro.


En materia educativa, Feijóo asegurou que neste ano a Xunta seguirá rehabilitando e mellorando centros como o Conservatorio de Música, entre outros.


Por último e co obxectivo de facer un Vigo aberto e máis verde, o titular do Goberno galego referiuse na súa intervención ao compromiso da Autoridade Portuaria e da Xunta de humanizar Beiramar, co novo carril bici ou ao obxectivo de executar as melloras do saneamento de Teis. 

Feijóo salienta que o Goberno só resolveu o 20% dos fondos europeos destinados ás empresas

Te puede interesar