Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Educación lanza o seu plan para consolidar a FP como unha opción “de primeira”

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (FP), Román Rodríguez, participou este venres na presentación oficial da estratexia ‘FPGal360’, un plan contra o abandono escolar que contará cunha ferramenta de intelixencia artificial para orientar e consolidar a Formación Profesional como unha opción “de primeira”.

Galicia ten entre dez mil e doce mil persoas de entre 16 e 18 anos fora do sistema educativo, afirmou Román Rodríguez, que lanzou o reto de conseguir identificalas e lograr que se formen.

“Deberían seguir formándose para ter máis oportunidades de futuro e unha vida plena pero dun modo flexible, a través dun itinerario personalizado”, asegurou Rodríguez durante a presentación do plan de orientación profesional integral FPGal360.

A estratexia inclúe máis de 60 medidas vertebradas en tres puntos de actuación para “xerar oportunidades”

A estratexia é dunha iniciativa á que o Goberno autonómico destinará 24 millóns de euros ata o ano 2028 co propósito final de “ofrecer oportunidades” e achegar as “mellores opcións posibles” con itinerarios personalizados para conseguir que o “cento por cento” dos alumnos se formen ata os 18 anos de idade, como mínimo.

Deste xeito, o plan vai dirixido a un total de 230.000 alumnos que xa están a estudar no sistema educativo galego, aos mozos que deixaron os estudos antes de terminalos e que agora teñen entre 24 e 34 anos de idade e a aquela poboación que queira reforzar a súa formación.

Neste senso, o titular do departamento de Educación do Goberno galego cualificou esta iniciativa de “innovadora e integral”, unha estratexia que conta con máis de 60 medidas e que están vertebradas en tres eixos de actuación para “xerar oportunidades”.

Eixos fundamentais

Deste xeito, o plan conta con tres eixos fundamentais, o primeiro deles é combater o abandono escolar, é dicir, tentar que a “totalidade” dos galegos se formen, como mínimo, ata alcanzar a maioría de idade.

“Non hai nada máis inxusto socialmente que o fracaso escolar; que unha persoa sen formación, sen cualificación profesional, o cal leva a itinerarios vitais moi duros”, advertiu.

Para conseguilo, o plan establece un conxunto de medidas preventivas como o reforzo da Formación Profesional Básica, o desenvolvemento de programas de orientación profesional ou accións de carácter específico dirixidas a colectivos como os “novos galegos”.

Por outra banda, o segundo piar está enfocado no impulso dun sistema de orientación profesional e vocacional para “garantir” unha inserción laboral “efectiva” e aliñar as expectativas do alumnado coas demandas do mercado laboral.

Para iso, durante a presentación realizada onte inaugurouse ‘OPI Orienta’, unha ferramenta tecnolóxica está baseada en intelixencia artificial que proporciona acceso a información sobre as distintas saídas profesionais etc.

Por último, o terceiro piar baséase en “facilitar” a titulación da poboación nova “sen ou con baixa cualificación”, co obxectivo de dar unha nova oportunidade de formación a este sector da poboación e mellorar, desta maneirra, as súas oportunidades.

Con todo, o conselleiro de Educación incidiu na “dificultade” de continuar coa redución as cifras de abandono temperán, polo que considerou “preciso” aumentar os esforzos para que “ningún mozo saia á rúa sen ningunha capacitación, formación ou coñecemento que lle permita desenvolverse en todos os ámbitos da vida”, incidiu.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620