Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O concelleiro Miguel Fernández será o alcalde de Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Miguel Fernández será o novo alcalde de Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos, un veterano concelleiro do PSOE que asume o cargo nun contexto de reorganización do goberno local con apoio transversal.

Despois de varias horas de reunión na sede do PSdeG en Lugo, na Rúa Salmón, fontes da formación política confirmaron este mércores que Miguel Fernández (Ribeira de Piquín, 1955) será o próximo alcalde da capital lucense, cargo que asumirá tras a repentina morte da rexedora despois de sufrir un infarto.

Miguel Fernández xa dera un paso adiante hai un ano para ser alcalde da cidade, cando Lara Méndez formalizou a renuncia para presentarse á eleccións ao Parlamento de Galicia na candidatura que encabezaba o actual secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro. Con todo, nese momento, a elixida foi Paula Alvarellos.

Agora, todo parece indicar que Miguel Fernández, que foi o número dous da lista do Partido Socialista nas pasadas eleccións locais, será o terceiro alcalde da cidade en pouco máis de trece meses.

Veterano

Xunto con Ana González Abelleira, responsable local do partido en Lugo e outra das persoas que tamén soaba como posible substituta de Alvarellos, Miguel Fernández, enfermeiro de profesión, é un dos concelleiros máis veteranos da corporación municipal, da que forma parte desde o ano 2015, unha circunstancia que tamén lle dá un amplo coñecemento dos departamentos do Concello da capital lucense.

Na reunión, tamén estivo presente Waldir Sinisterra, que será o edil que entrará na corporación municipal en substitución de Paula Alvarellos –era o seguinte na lista–, da que era amigo persoal.

O seu socio no goberno bipartito e alcalde en funcións, Rubén Arroxo (BNG), prometeu un proceso “transitorio” o máis “rápido e áxil” posible, porque a pesar toda a consternación que provocou o inesperado falecemento de Alvarellos, a administración local en ningún momento pode pararse.

O martes –día 11– é o último día que establece o prazo legal, explicou Arroxo, para a celebración dun pleno no que debería tomar posesión da súa acta o novo concelleiro do grupo municipal do Partido Socialista para logo proceder á elección de Miguel Fernández como alcalde.

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Elena Candia, informou onte de que a súa formación renunciará a presentar iniciativas para as comisións municipais e o pleno ordinario do mes de marzo para facilitar a “reorganización” do goberno local tras o falecemento da alcaldesa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620