Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Centenares de persoas despediron onte na Coruña a Suso Díaz

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Centenares de persoas despediron este mércores a Suso Díaz, un histórico loitador pola liberdade cun heroico traballo sindical que empezou na ditadura. Mentres soaba ‘A Internacional’, interpretada en violín e piano, centenares de persoas encheron o tanatorio da Coruña no que se celebrou a homenaxe ao sindicalista falecido.

Un gran e longo aplauso serviu para dar inicio ao acto, coa presenza da filla deste histórico dirixente de Comisións Obreiras (CCOO), a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen se desprazou á Coruña para dar o último adeus ao seu pai, falecido o pasado martes, día 8 de xullo, aos 80 anos.

Á súa chegada ao tanatorio Albia da cidade herculina, de negro rigoroso, con lentes de sol e visiblemente emocionada, Díaz agradeceu as condolencias dos xornalistas alí presentes pero rexeitou facer declaracións.

“Graciñas, moi ben”, contestou, coa voz entrecortada, ás preguntas dos medios sobre o seu estado de ánimo, e entrou no velorio arroupada polo secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, e tamén polo deputado de Sumar no Congreso Manuel Lago.

Ao longo da xornada, outros familiares, compañeiros do sindicalismo, políticos e representantes institucionais acudiron á capela ardente para expresar a súa dor e mostras de agarimo á familia do falecido.

O líder de CCOO, Unai Sordo, cualificouno como unha “persona histórica” que “forma parte de aquella generación de sindicalistas y representantes políticos irrepetibles que se organizaban sindicalmente cuando estaba prohibido”. “Le debemos todo a personas como Suso Díaz. Debemos rememorar la heroica lucha de estos militantes de la libertad”, expresou.

“Figura imprescindible”

A secretaria xeral de CCOO en Galicia, Amelia Pérez, referiuse a Suso Díaz como “pai, marido, avó e figura imprescindible do sindicalismo e da historia do noso país”. “Concitaba respecto e agarimo máis aló das paredes de Comisións Obreiras”, proseguiu, sobre un recinto cheo e con centenares de persoas no exterior por superar o aforo.

O líder de UXT, Pepe Álvarez, definiuno como “ejemplo de honestidad y buen trabajo” ao longo de toda a súa traxectoria.

José Manuel Sande, que foi candidato á Alcaldía da Coruña e concelleiro pola Marea Atlántica, lembrou o seu papel para “conquistar as liberdades” e despois como “incansable organizador” do movemento sindical.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, describiuno como un “referente do sindicalismo galego”: “O sindicalismo non sería entendible sen a figura de Suso Díaz”, expuxo.

Na homenaxe lembrouse a afección do falecido pola música e soou tamén na súa honra ‘Negra sombra’. O acto concluíu coa interpretación do himno galego, cantado a un tempo por todos os presentes antes doutro gran aplauso.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620