Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Abre o prazo de solicitude de avais da Xunta para a compra de vivenda

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

As solicitudes de avais da Xunta para a compra de vivenda protexida, ou todo tipo de vivenda para menores de 36 anos, poderán presentarse a partir do 1 de abril, e ata o vindeiro 31 de outubro ou ata esgotar o importe máximo orzado para este ano de cinco millóns de euros, anunciou o Goberno autonómico.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou este luns o convenio de colaboración con Abanca e Caixa Rural no que se fixan os termos e condicións para a concesión dos avais á adquisición de vivenda.

O director de Negocio Institucional de Abanca en Galicia, José Lino Comesaña, e o subdirector xeral de Caixa Rural, Gabriel Seixo, asinaron o acordo en representación das entidades bancarias adheridas.

Esta convocatoria 2025 dá continuidade á liña lanzada polo Goberno autonómico en 2023 para facilitar a compra de vivenda aos menores de 36 anos, coa novidade de que agora se amplía a toda a poboación, sen límite de idade, cando se trata de adquisición de vivenda protexida.

Tal como lembrou a Xunta, a convocatoria xa se publicou no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderán presentarse a partir de mañana, 1 de abril, e ata o 31 de outubro.

Os beneficiarios dos avais deberán estar empadroados en Galicia e ter menos de 36 anos no momento de presentar a solicitude do aval para a adquisición da súa primeira vivenda. En caso de vivenda protexida, onde non hai límite de idade, os solicitantes deberán cumprir os requisitos esixidos para o acceso a este tipo de domicilios.

A vivenda terá que estar localizada en Galicia e destinarse a residencia habitual e permanente do comprador polo menos durante o período de duración do aval. Entre outros requisitos, o prezo da vivenda non poderá superar os 260.000 euros nos concellos da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Ourense, mentres que 210.000 euros en Lugo e Ferrol ou en municipios de tamaño medio e 180.000 no resto de localidades galegas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620