Ángel G. Seoane | “Non podo permitir que Oleiros caia nas mans de especuladores”

Considera inexplicable que Alternativa perdera 1.200 votos nas últimas eleccións locais, nas que revalidou outra maioría absoluta
Ángel G. Seoane | “Non podo permitir que Oleiros caia nas mans de especuladores”
García Seoane ocupará a alcaldía oleirense por décima vez | Pedro Puig

 

Poucas, por no decir ningunha, que iso nunca se pode chegar a saber, negativas a contestar deron un titular. Pero esta de Ángel García Seoane (Perillo, 1952), electo alcalde de Oleiros por décima vez, se as contas non fallan, é a que abre esta páxina do xornal.

 

Foi a derradeira vez que se presentou as eleccións? 


Pois non che vou a contestar. E sabes por que? Vendo como están as cousas aínda non podo tomar unha decisión. Vendo como están as cousas eu non podo permitir que este concello caia nas mans dos destructores e dos especuladores. Sei que o día que non estea Alternativa vai a estar o PP, lamentablemente. Se Alternativa non logra a maioría vai haber outras que non van a estar o que estamos nós.

Que valoración fai dos resultados electorais? 


Eu estou contento. Presentámonos en dez municipios e tivemos bos resultados en case todos menos en Sada, pero en este caso estaba cantado por como está a situación. Alí espéralles un futuro que vaia por Dios (sic). No resto sacamos unha representación moi digna. Ata entramos en Arteixo cando se dicía que non íamos entrar. Estamos en Culleredo con xente que se vai entregar ao concello en corpo e alma, cunha situación distinta á de antes cun goberno que non vai ter maioría e que facía o que lle daba a gana. Tamén estamos en Cambre, e en Bergondo somos a única forza que pode decidir. Ou hai un acordo PSOE e Alternativa ou gobernará o PP. Espero que iso non aconteza, claro. En Oleiros mantémonos, aínda que teño que dicir que perdemos votos. Perdemos 1.200 e hai que dicilo porque é así. Inexplicablemente. Eu non lle encontro explicación ningunha. Ningunha. Fixemos os deberes e non eramos merecedores de perder eses votos. Foi grazas ás personas que viñeron novas e taparon ese burato. E na Coruña era difícil. Todas as enquisas ían destinadas a taparnos. As enquisas teñen un fin: ‘Este no aparece, este no aparece. Vaya por ahí’. Non obstante, algúns dos que aparecían tamén desapareceron e que conste que para min non é satisfacción ningunha. Pero xa aviso, ‘la tercera no es la vencida para mí’, haberá unha cuarta. O da Coruña insisto, non o entendo. Os coruñeses creo que confunden a García Seoane co que fai Alternativa. ‘García Seoane se quiere meter en La Coruña’. Non. Alternativa quere ter presencia na Coruña porque non é o mesmo defender a ampliación da Pasaxe ou Alfonso Molina desde o Concello que desde fóra. A min iso dóeme porque ben que corren os coruñeses a disfrutar de Oleiros. ‘¿Por qué, si lo hacemos tan bien, no nos dan su confianza?’ Por qué non confían en nós?

 

Que vai pasar en Bergondo? 


En Bergondo polo de agora ninguén se dirixiu a nós. Inexplicablemente. Se houbo roces e problemas, xerados non por nós senón pola alcaldesa, haberá que falar e ver como se recompón a cousa. Teñen que ter en conta que se nós nos abstemos gobernaría o PP.

 

Segue a reclamar a alcaldía?

 
Temos tanto dereito como o PSOE. Porque traballamos arreo. E non me vale que me digan que teñen un concelleiro máis que nós. Traballamos arreo e ela (Alejandra Pérez) púxonos moitos problemas. Estivo ninguneando aos nosos candidatos. Por tanto, hai moito que falar pero quen o ten que facer son os compañeiros de Bergondo. 

 

 

 

Iván Roca Núñez BNG

“É o mellor resultado desde que nos presentamos ás eleccións”

A nosa formación obtivo o seu mellor resultado desde que nos presentamos ás eleccións municipais en Oleiros e seguiremos a traballar para que ese apoio continúe a medrar, tanto desde as institucións como na rúa. Queremos agradecer á cidadanía a súa confianza para manter o noso representante no pleno e tamén queremos dar os parabéns a Alternativa dos Veciños e ao seu presidente, Ángel García Seoane, polo éxito da súa formación por revalidar a súa maioría absoluta.

 

 

Carmen Acuña do Campo PSOE

“Espero que Alternativa modifique sus maneras”

Alternativa dos Veciños revalidó su mayoría, pero perdió votos. Espero que lo tengan en cuenta y modifiquen sus maneras y sus modales. Nosotros lucharemos para que eso sea así desde el punto y el puesto en el que nos colocaron los vecinos de Oleiros con sus votos. Agradecerles su confianza y nos comprometemos a trabajar con ganas para defender la democracia. También trabajaremos para que Oleiros tenga menos confrontación y mucho más diálogo.

 

 

María Dolores Silva Núñez PP

“Somos la única fuerza política que sube en votos y concejales”

El Partido Popular de Oleiros ha visto reforzada su posición en el Ayuntamiento, siendo la única fuerza que crece en votos y concejales. Queremos agradecer a todos nuestros votantes la confianza depositada en las urnas. Desde este grupo municipal continuaremos defendiendo los intereses de los vecinos y ejerciendo una oposición constructiva y tratando de acercar posturas con el gobierno municipal, siempre que haya voluntad de diálogo, como hemos hecho siempre.
Caretos
 

 

Ángel G. Seoane | “Non podo permitir que Oleiros caia nas mans de especuladores”

Te puede interesar