Francisco Jorquera | “Creo que chegou a hora de darlle unha oportunidade ao Bloque”

Francisco Jorquera | “Creo que chegou a hora de darlle unha oportunidade ao Bloque”
Francisco Jorquera, en María Pita | Javier Alborés

O BNG escolleu para a pegada de carteis a Casa Cornide: toda unha declaración de intencións, porque reclaman que o Concello inicie o proceso legal para recuperar o inmoble, en mans da familia Franco. O seu candidato, Francisco Jorquera, encara a recta final coa confianza de aumentar o peso do seu grupo municipal, que actualmente ten dous concelleiros.  

 

Como se sinte? 


Con forza, con moito ánimo. As vibracións son moi boas. Creo que a sociedade percibe que o BNG é a forza capaz de dar un cambio á sociedade, frente á proposta de catro anos máis do mesmo, que formula o PSOE.

Tan malo sería? 


Estivo moitas veces máis preocupado dos titulares, das fotos, de atender os seus múltiples problemas internos que de atender as necesidades da cidade.  

 

Houbo moitas enquisas. Que opina delas? 


É indiscutible que o verdadero inquérito e o 28 de maio. Pero todos pronostican un ascenso do BNG,  aínda que hai moito voto por decantar. Percibimos unha gran expectativa ao respecto do que o BNG pode aportar ao Concello. Vamos a por todas.

 

Loita o BNG coa Marea e Por Coruña polos mesmos votos? 


O BNG non se pon límites. Aspira a recabar a confianza da maioría dos coruñeses. Dende a humildade: moi poucos discuten que o BNG aportou solvencia no seu traballo no Concello. É unha forza fiábel fronte ás incertezas doutras forzas políticas. O BNG non foi noticia polas súas divisións.

 

Pode haber un bipartito. Na Coruña houbo un precedente do bipartito PSOE-BNG. Algúns teñen lembranzas negativas.  


Creo que a sociedade da Coruña ten unha percepción negativa do que significou o paso do PP polo Goberno da Coruña. En calquera caso, nos último anos experimentou gobernos do PP, da Marea Atlántica e do PSOE. A percepción generalizada é que non conseguiron darlle o impulso que A Coruña precisa. Por iso, nós apelamos á sociedade coruñesa: creo que chegou a hora de darlle unha oportunidade ao BNG.

 

Nin bipartito nin tripartito. 


Non falamos nin de bipartitos, nin de tripartitos, nin de cuatripartitos, porque non nos presentamos ás eleccións coa vocación de entrar nun goberno. Presentámonos coa vocación de ser goberno.

 

Que pasaría cos orzamentos, se dependera de vostede? 


O BNG promete que non pasará o que pasou neste mandato. Nada máis que houbo dous orzamentos e nos outros dous funcionouse con orzamentos prorrogados. Iso é malo para a cidade, porque son a principal ferramenta para atender as necesidades da cidade. O compromiso do BNG é que en xaneiro estén aprobados os orzamentos municipais para que se poñan en práctica en tempo e forma.


E os deste ano? 


Quizais sexa máis realista elaborar os de 2024 e, se é necesario, un modificado neste ano.

 

Tan difícil é ter esos orzamentos se non hai maioría? 


O problema é que o PSOE nin o intentou. Podería ter presentado un proxecto, pero nin fumos chamados os grupos da oposición.


Quedan outros temas, como Nostián ou o área metropolitana. 


O BNG se compromete a iniciar o proceso para constituir o proxecto do área metropolitana. A Coruña de hoxe en día non remata na ponte da Pasaxe, ten características metropolitanas. O proceso é longo, pero se pode ir avanzando na concertación da prestación de servizos a escala comarcal.


E o lixo? A alcaldesa prometeu licitar o contrato da planta de reciclaxe, pero non puido cumprir. 


O BNG se compromete a dar cumprimento a un acordo plenario, unánime, para licitar canto antes o contrato. Iso sí: asegurar que se farán todas as xestións pertinentes para que se manteña o húmido seco, contar co Consorcio das Mariñas e que a planta vai cumprir cos estándares de redución de refugallos que marca a normativa estatal e europea.

 

Tamén é crítico coa política de vivenda, que non é municipal. 


O BNG demanda ás administracións que teñen competencias (a Xunta) que fagan unha política de venda digna de tal nome. Pero tamén aboga por aumentar o parque de vivenda pública municipal. Por desgraza, cúmprense dous mandatos consecutivos nos que os grandes anuncios foron 50 vivendas en Xuxán e catro vivendas en Marqués de Pontejos. Tamén hai que movilizar o parque de vivendas da nosa cidade, penalizar fiscalmente que se manteñan baleiras, e ampliar as axudas á rehabilitación. 


E as vivendas de uso turístico?


O BNG é partidario da regulación. Están tendo un impacto negativo no prezo da vivenda na nosa cidade.

 

Queda pendente para o vindeiro Goberno a concesión do bus. 


O BNG é partidario de estudar a viabilidade dunha empresa municipal de transportes. Pero, en calquera caso, nos comprometemos a acometer actuacións que non acometeron gobernos anteriores: a renovación do mapa de líneas de autobuses para intensificar frecuencias, ampliar horarios e conectar os barrios entre sí. Ademais, cremos que é imprescindible abordar as necesidades do transporte a escala metropolitana.

 

Iso que significa?

 
Ademais do autobús, apostar por recuperar o transporte marítimo e por implantar servicios ferroviarios de cercanías. A Coruña e Vigo son as áreas máis poboadas do Estado que carecen de este servizo. Ademais, na Coruña a infraestrutura xa existe e a inversión sería mínima.

 

E que pensa das peonalizacións? 


O BNG aposta por un modelo de calidade urbana. A primeira prioridade ten que ser o peón e a segunda o transporte público. O automóvil ten que quedar no último lugar. Pero a peonalización ten que ir acompañada da adopción doutras medidas: carril bus, aparcamentos disuasorios... Hai que inscribilas nun plan global.

 

A Coruña está facendo unha aposta pola Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC). 


O BNG saúda a Cidade das TIC e comprométese a dar apoio a un proxecto de importancia estratéxica. A Coruña xa é un motor económico de Galicia, pero a súa potencialidade non está suficientemente aproveitada. Quero lembar que o Golfo Ártrabo presenta o 25% da poboación de Galicia, o 30% do PIB, o 35% dos empregos e o 50% do valor agregado.

 

Pero A Coruña perdeu industrias nos últimos anos. 


Iso nos preocupa. As sociedades máis avanzadas no económico, aínda que teñan un sector servicios potente, ese sector se sustenta nun sector industrial ben dimensionado. É estratéxica a aposta para investigación pero tamén a economía do mar. E tamén o pequeno comercio, porque así teremos barrios vivos.


Está o problema do borde litoral. 


Estamos a falar de terreos de titularidade estatal, así que hai que crear un consorcio coas diferentes partes (a Xunta, o Concello, e o Estado). En paralelo, hai que negociar en serio unha solución á débeda que ten contraída o Porto con Portos do Estado.

 

Pero poderá chegar a mellores acordos que neste mandato? 


O BNG comprometétese a practicar o diálogo. Pero tamén a que se cumpra o que se acorde. 

 

“Creo que doutras forzas, o único que percibe a sociedade é incertezas”

“Creo que na política, como en outros aspectos da vida, é importante o factor emocional, é importante facer as cousas con paixón, é importante implicar mesmo emocionalmente e afectivamente á cidadanía para que sexa copartícipe á hora de afrontar os retos de futuro que ten esta cidade. Que acontece? Que a emocionalidade, a paixón, sendo importante, non debe conducir a política á conversión dun mero espectáculo, non debe conducir nunca a unha política grotesca que o único que busca é chamar a atención, pero carente de consistencia, de solidez, de ideas, na que moitas veces a sobreactuación o único que oculta é a falta de fe. Creo que moi poucos discuten que o BNG é unha forza política solvente, capaz e fiable. Creo que a sociedade sabe que se pode esperar do BNG, mentres que doutras forzas o único que percibe a sociedade é incertezas. 

Francisco Jorquera | “Creo que chegou a hora de darlle unha oportunidade ao Bloque”

Te puede interesar