Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Economía

A Xunta destina 4,5 millóns a impulsar a innovación nas pequenas empresas

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta vén de lanzar a convocatoria simultánea dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, dirixidos a impulsar a innovación nas pequenas e medianas empresas galegas a través dun orzamento de 4,5 millóns de euros.

Estes dous programas, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o vindeiro 14 de agosto, pretenden dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecementos en materia de innovación. Así, a través de DeseñaPeme incídese na innovación en produto, servizo e experiencias, ademáis de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.

Ambos os dous programas aspiran a financiar 60 plans de deseño e innovacións nas pemes cunha mobilización de 9 millóns de euros. Como novidade, nesta ocasión, inclúense como posibles beneficiarias entidades do terceiro sector social sen ánimo de lucro, así como empresas TIC -que estaban excluidas nas edicións anteriores-. Tamén se inclúen os custos indirectos como financiables por primeira vez e incorpórase como requisito a presentación de diversas actividades de difusión para chegar mellor á sociedade e servir de exemplo para outras pemes.

O orzamento subvencionable deberá estar entre os 50.000 e os 150.000 euros por cada plan, de xeito que unha mesma peme que se presente ás dúas convocatorias poderá investir ata 300.000 euros. As axudas terán unha intensidade do 50% e outorgaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Os obxectivos destes programas son promover unha cultura de innovación continua e sistemática nas pemes galegas, incrementar o número de empresas que teñen a consideración de innovadoras, aumentar a súa competitividade, potenciar a colaboración das pequenas e medianas compañías co resto de axentes do ecosistema, favorecer a comercialización de resultados da I+D+i, incluír paulatinamente a innovación de procesos e organización no tecido empresarial galego e aumentar o seu gasto en I+D e actividades innovadoras. Desde a súa posta en marcha, estes programas permitiron impulsar 246 actuacións cun investimento público-privado próximo aos 40 millóns de euros.

Estas convocatorias enmárcanse na aposta da Xunta de Galicia por achegar a innovación a todo o tecido empresarial e vense completados con outras liñas como os Bonos de innovación, para actuacións a curto prazo e dun menor importe; o programa ReAcciona; a aceleradora de internacionalización para proxectos innovadores Galicia Avanza; o traballo das distintas business factories ou a iniciativa Deseño para a Innovación e a Sustenibilidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620