Vázquez: “Agardamos que esta victoria lograda poida darnos moita vida”

Vázquez: “Agardamos que esta victoria lograda poida darnos moita vida”
deporte campeón-2020-06-24-006-e2fe8353

Fernando Vázquez compareceu satisfeito na zona mixta do Martínez Valero polo triunfo, que era moi importante e valorou, ademáis, cómo afrontaron xogadores titulares e suplentes o encontro.

“Foi i partido que necesitábamos, necesitábamos unha victoria e a conseguimos. Gran comportamento grupal entre banquillo e equipo, gran simbiosis. Foron circunstancias complicadas ante un equipo con calidade, grazas a un traballo impresionante de Pacheta”, resumiu Vázquez.

“Conseguimos unha victoria que esperamos que nos dé moita vida”, indicou. Sobre o partido, recoñeceu que “de inicio partimos dunha idea diferente da que estabamos a facer. Concedimos un pouco a iniciativa o rival,  que é un equipo que transita moi fácilmente e non queriamos que correse”, explicou o técnico.

“Sacamos de inicio un equipo diferente, con menos velocidade da que eu tiña no banquillo”, e agardaba que “a xente con velocidade saise mais tarde”. Pero o quedar con dez mudou as cousas. “Non esperaba a expulsión de Gaku. As solucións do banquillo haberían sido distintas”, aclarou.

 

Velocidade por bandas

Consciente de que o Elche precisaba gañar ó estar arriba na táboa buscou aproveitar os ocos. “Este equipo (o rival) estaba pelexando polo playoff, decidín sacar velocidade, colocar a Aketxe con línea de catro, con posibilidade de salir xogando e que Hugo e Mollejo tiveran tempo para incorporarse” explicou.

Por sorte, o plan trazado por Vázquez funcionou. “Xogamos sen punta, as cousas sairon ben e metimos un gol. Aprecipitación do Elche deunos espacio e aproveitaronno os xogadores”, aclarou.

Tamén falou do rendemento no partido de futbolistas coma Agbo: “Coñecíao de xogar en Granada, Vallecas... é un futbolista importante. Cando chegou non estaba ben e decidín separalo, porque non estaba para rendir, pera era cuestión de tempo. A mini pretempada veulle de forma extraordinaria, está conseguindo ese nivel físico e o está recuperando”.

Tamén falou de Bergantiños, que xogou onte de central, e o de que declarou que “de intelixencia está sobrado” e que parecía que “medía dous metros” por todos os balóns que despexou. Destacou a Vallejo que ten “un poderío impresionante”, pero ten que atopar pausa no seu xogo e recordou que “o obxectivo é sumar 50-51 puntos”. 

Vázquez: “Agardamos que esta victoria lograda poida darnos moita vida”

Te puede interesar