Aprobadas as bolsas e axudas para o deporte coruñés

Vista del Palacio de los Deportes de Riazor en una imagen de archivo | Quintana

O deporte coruñés está de noraboa: a entrada no mes de febreiro activou a nova liña de bolsas para os deportistas da cidade, a comarca e a provincia. No mesmo día a Deputación da Coruña e o Concello anunciaron as convocatorias correspondentes para o novo exercicio anual. Pola súa banda, a Xunta de Galicia desglosou os 1,5 millóns de euros que destinou en 2021 para loitar contra a pandemia e reactivar o deporte.


Na xunta do Goberno local que se celebrou hoxe aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de bolsas deportivas para deportistas individuais por 120.000 euros.


O Concello concederá 90 bolsas, o dobre que hai un ano, e aumentará o número de bolsas destinadas a participar nos campionatos de España e de Galicia, coa intención de chegar a máis deportistas.


Desta forma, concederanse 10 bolsas de 3.500 euros para participar en campionatos mundiais, 10 bolsas de 2.500 euros para os europeos, 25 bolsas de 1.500 euros para probas nacionais e 45 bolsas de 500 euros para as autonómicas.


Pola súa banda, a Deputación da Coruña, no seu labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, convoca este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros cada unha destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.


As persoas solicitantes deberán practicar u deporte que pertenza a unha das disciplinas incluidas no programa oficial dos próximos Xogos Olímpicos de París que teña carácter individual.


As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes: grupo A, 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos; grupo B, 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos, e grupo C, 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos. O prazo de presentación de solicitudes determinarase nos vindeiros días e estas deberán realizarse de forma telemática a través da plataforma da Deputación.


Finalmente, o Goberno autonómico, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, destinou en 2021 ao deporte da comarca da Coruña máis de 1,5 millóns de euros para a loita contra a pandemia e para a súa 

reactivación.


Foron, en total, 503 axudas directas a entidades deportivas da comarca: 528.000 euros para a recuperación da práctica deportiva entre 141 federacións, clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas coruñesas; 600.000 euros máis para actividades e seguridade e prevención a 260 entidades da comarca e 430.000 euros para equipamentos como material sanitario (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura...) a 102 clubs e federacións coruñesas.

Aprobadas as bolsas e axudas para o deporte coruñés

Te puede interesar