Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

A Real Academia Galega e Alingua exploran vías de colaboración a prol do idioma

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Academia Galega e Alingua explorarán vías de colaboración en iniciativas a prol da normalización lingüística. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, recibiu esta mañá na sede temporal da institución unha representación da asociación que reúne preto dunha vintena de entidades locais co propósito de avanzar na normalización lingüística.

No encontro participaron por parte de Alingua o seu presidente, Ramón Varela Rodríguez, do Concello de Carballo; o secretario, Demetrio Gómez Xunqueira, do Concello de Pontevedra; e o tesoureiro, Gonzalo Castro, do Concello da Coruña; e mais Carme Pereiro, Xulia Rigueiro e Concepción Cochón, técnicas de normalización lingüística de Carballo, A Coruña e Pontevedra.

Entre outras cuestións, no encontro abordouse a posibilidade de cooperar na difusión do proxecto de acción e investigación Modo Galego, actívao!, posto en marcha pola RAG e o Concello de Ames, de cara á súa extensión a outros municipios. Henrique Monteagudo agradeceu o apoio na promoción desta iniciativa e amosou o interese da Real Academia Galega en proxectos compartidos entre concellos que promove Alingua como Enreguéifate, Youtubeiras, Club de Debate ou Apego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620