A Deputación celebra o 23 de abril a súa gala de premios culturais

A Deputación celebra o 23 de abril a súa gala de premios culturais
Presentación da gala dos premios culturais / Pedro Puig

A Deputación Provincial celebrará o vindeiro día 23 a súa gala de premios culturais, un evento no que se reunirán máis de 30 galardoados e unhas 200 persoas do sector.


Será desde as 19.00 horas no teatro Colón e contará coas actrices Carmen Méndez e Lidia Veiga como conductoras. O deputado de Cultura, Xurxo Couto, destacou a importancia desta cita, "a máis grande do ano neste sector, ao tratarse das convocatorias 2020 e 2021", e agradeceu o traballo dun sector que "sostivo" á sociedade durante estes dous anos de pandemia.


Na gala se entregarán os galardóns de premios como Andrés Gaos, Jesús Núñez, Torrente Ballester ou Luís Ksado. A escultora Soledad Penalta é a autora da peza que levarán os premiados, realizada ad hoc para a Deputación.

A Deputación celebra o 23 de abril a súa gala de premios culturais

Te puede interesar