Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

As feiras do libro de Galicia comezan o 21 de abril e estarán en catorce concellos ata agosto

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

As feiras do libro de Galicia comezarán a súa andaina o vindeiro 21 de abril en Ferrol e percorrerán arredor dunha quincena de concellos galegos ata o mes de agosto. Así o anunciaron onte o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, no acto de presentación do calendario deste ano no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Lorenzo referiuse á “frutífera e consolidada” relación da Xunta coa Federación “que un ano máis fai posible que o circuíto de feiras do libro se espalle por Galicia durante os vindeiros meses apoiando aos libreiros e ao sector editorial ao mesmo tempo que dinamizamos a lectura entre todos os públicos”, expresou. Neste senso, salientou a “eficacia desta iniciativa, que se complementa con distintas medidas de apoio que temos en marcha para impulsar a lectura nas bibliotecas municipais, a tradución de obras, adquisición de novidades editoriais e subvencións a editoriais que se enmarcan no Plan Xeración Cultura, a folla de ruta coa que traballamos e na que prevemos, entre outras medidas, a posta en marcha dun plan de dinamización da lectura”, explicou.

Axenda cultural

O calendario comezará en Ferrol, do 21 ao 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro e rematará en Monforte de Lemos.

Axenda Cultural Ademais avanzar o calendario de feiras, tamén se presentou Axenda Cultural online da Federación que se lanza co apoio da Xunta para recompilar a actividade que as librarías desenvolven ao longo do ano, desde clubes de lectura ata presentacións, pasando por eventos infantís ou coloquios. 

Esta axenda permitirá ter acceso nunha mesma web a todas as propostas culturais existentes no gremio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620