miércoles 21/10/20

San Amaro soou á música e á poesía dos que o habitan

O cemiterio de San Amaro soaba onte ás voces que un día calaron pero que deixaron como legado unha colección de músicas e poemas que hoxe son a banda sonora do país. As súas palabras foron as que conduciron un acto, “O ceo da Coruña”, co que o Concello celebrou os 200 anos dun camposanto que mira de fronte ao mar.
La banda interpretou un repertorio dos célebres enterrados susy suárez

O cemiterio de San Amaro soaba onte ás voces que un día calaron pero que deixaron como legado unha colección de músicas e poemas que hoxe son a banda sonora do país. As súas palabras foron as que conduciron un acto, “O ceo da Coruña”, co que o Concello celebrou os 200 anos dun camposanto que mira de fronte ao mar.

A ese trozo de océano ao que lle escribía o escritor Miguel González Garcés e que Xulio López Valcárcel tomaba de novo. Por iso de que estivo moitos anos inédito e que conxuga os valores de beleza, ritmo e estrutura, o actual poeta daba conta da valía da obra de Garcés. A peza rezumaba auga salgada en medio dunha terra sobre a que Curros Enríquez era quen de crear unha fábula entre un vello e un sapo, que logo cantaría Pucho Boedo e que onte interpretaba Paco Lodeiro xunto a Banda Municipal.

O Concello celebra os 200 anos do cemiterio con obras dos ilustres

A formación coruñesa foi a encargada de facer os arreglos necesarios para que todo o repertorio de célebres enterrados en San Amaro fose harmónico. Segundo o director en funcións, José Luis Represas, a versatilidade do grupo fixo posible que os músicos adaptasen os temas a unha versión máis clásica.

Deste xeito, o silencio que outros días campea entre as tumbas aliñadas rompíase para dar paso a pezas asinadas polos creadores da canción galega Castro Chané, José Baldomir, Canuto Berea, Marcial del Adalid e Eduardo Diehl, do que Sito Sedes escollía “Morriña” para xurar unha vez máis: “Non podo esquencerte, terra, terriña”. Nunha conxunción de poesía, música e imaxe para a que Yolanda Castaño elexía a unha muller de nome Luísa Villalta e Mercedes Queixas pronunciaba aquelo de que “cando morre un idioma, morre un pobo”, atribuídas ao gran Antón Vilar Ponte.

a banda municipal encargouse dos arreglos para os temas interpretados

Ademais dos versos, a homenaxe aos mortos de San Amaro construíase de pequenos fragmentos como o texto que Cesáreo Sánchez acotaba do “Discurso nos Xogos Florais de Tui”, de Manuel Murguía, no que o intelectual convidaba a abrir “as nosas almas” en 1891.

O cemiterio facíase eco tamén das composicións da súa dona, de quen se interpretaba “El loco soñador” e “Negra sombra”, esta última a cargo do popeiro Xoel López. Rosalía voltaba así a pasear do mar pola orela da man de Xosé Luis Axeitos. E aínda que o Concello habilitaba 500 sillas para escoitar o recital sentado, eran moitos os que o seguiron de pé. Nunha posta en escena presentada por Paco Lodeiro na que Rosa Cedrón bordou “Unha noite na eira do trigo” e Xoel López cantou a modo de fin de festa un tema inédito adicado ao camposanto titulado “San Amaro”.

O evento remataba nunha das visitas guiadas que organizan desde María Pita. Cando as portas do cemiterio se pechan ao público e o silencio volve a imperar máis forte se cabe. Participando dese tributo a súa maneira. n

Comentarios