Forma parte do proxecto social Empty Coruña. A cargo de Estefanía Calo, que fai os traballos de produción, e Juan Pirola á batuta, a peza audiovisual que están a cociñar analiza o estado arquitectónico da cidade, chea de puntiños baleiros e abandonados, máis de 400 contabilizaron, do que teñen cousas que dicir persoas de sectores tan diversos que eles tratan de meter a todos no pote para que falen. Buscan perfís diferentes e os poñen a desfilar.
Conta Estefanía que traballan cos axentes para visibilizalos. Aquí tamén entran os afectados do sistema, ameazados cun ultimatum do banco e deste xeito, pretender presentar o resultado en novembro nunha xornada na que Empty Coruña seguirá sumando datos sobre a situación: “Aparecerán perfís, homes e mulleres, temos ao concelleiro Xiao Varela, ao sociólogo Manuel García; a Amal, cos seus pais en pleno proceso de alzamento hipotecario, a “Ángela que nos contou a sua ‘ilíada’ para atopar un piso de aluguer, aínda habendo tanta vivenda vacía, estiveron mogollón de tempo buscando porque as había pero non eran habitables, estaban vellas e por elas pedían un prezo desorbitado”.
No combo aparecerá Martín Fernández, profesor de Arquitectura, que se adentrará no interesante mundo dos centros comerciais e polígonos pantasmas. O economista daralle unha perspectiva desde os números, despois de traballar para a banca, e urbana, afondando na implicación das entidades. Sobre o dereito á vivenda opinarán unha arquitecta e unha profesora de Dereito, que son os dous que lle quedan por entrevistar para que a cinta sexa base “coa que poder investigar e xerar un sistema alternativo”, para que sirva punto de partida e construír así unha maneira de facer diferente.
Na idea de non ofrecer un ladrillo de entrevistas seguidas, os autores tratarán de dinamizar as cuestións facéndolles a todos as mesmas e conxugando verbas con imaxes dos casos significativos: “En xeral hainos en todas partes, eu actualmente vivo en Cáceres e os vexo por todos lados. En Boiro, de onde son meus pais tamén os vexo”.
En Empty Coruña traballan con sete tipoloxías distintas: as que están urbanizadas pero non hai construción, solares no medio da cidade, esqueletos con vigas que quedaron así, outros máis construídos pero sen rematar, edificios abandonados tapiados e os que están abandonados, pero nos que non se pode vivir e os que están en ruínas.
Rexistraron nun estudo máis de 400 edificios abandonados, mais hai 2.000 casos na Coruña e arredores. Por outro lado, CartoLab, da Universidade, está creando unha ferramenta informática para que a cidadanía aporte inmobles mortos no mapa. Disto e do que avance Empty Coruña se tratará nun encontro en inverno organizado polo Concello. l