“Moitos músicos non saben vender e comunicar o que fan”

“Moitos músicos non saben vender e comunicar o que fan”

Na actualidad ser, músico é máis que compoñer ou tocar un instrumento. Os profesionais e, sobre todo, os que recién comezan deben saber o que rodea á música: unha industria na que a facturación e os contratos son tan importantes como o son e como saber vender e comunicar os proxectos. Arredor destes puntos xirou onte a derradeira xornada do Congreso de salas de conciertos que se celebra na cidade desde o luns. Aitana Cuétara, portavoz da asociación Músicos ao Vivo destaca a importancia de estar nun colectivo como o seu para garantir os dereitos.

Para que sirve que un músico estea asociado?
É importante asociarse para facer piña. Un só pode non ter forza, pero entre todos si a temos, entón é moi útil a ese nivel. Nunca está so, os teus problemas téñenos tamén os teus compañeiros e así e máis sinxelo abordalos. E logo ten tamén vantaxes prácticas, como as altas na seguridade social, os contratos...

¿Falta formación nese terreo administrativo e técnico?
Moitísima. Isto xurdiu pola nosa experiencia, porque víamos desde Músicos ao Vivo que a xente chamaba preguntando cousas moi básicas porque non tiñan idea de como abordalas. Ademais, como programadora, vin que moitas bandas non sabían como abordar a comunicación: os dosieres no eran correctos, os riders tampouco... foi entón cando decidimos que estas xornadas tiñan que servir para isto.

¿Esta ausencia de formación lastra a saída do talento musical galego fóra de Galicia?
En parte si, temos músicos marabillosos que non teñen apoio de managers ou axencias solventes, e en realidade hai poucos managers que poidan vivir disto. Moitos músicos non saben como vender e comunicar o que fan. De todos os xeitos hai moitos máis factores, como a ausencia de axudas públicas o a nula calidade das que existen. 

¿Hai industria da música real en Galicia, cohesionada?
A verdade é que a min falar de industria faime algo de gracia, porque unha industria debería ser sustentable, e desafortunadamente en Galicia non é así, pero si creo que agora hai moita máis xente que busca formarse desde a base e crear algo real e firme. Creo que estamos traballando de verdade en crear un colectivo que poderá rematar sendo unha industria real.

Desde a visión dun músico, cal son os problemas reais do colectivo?
Na música galega non se aposta pola propia creatividade, salvo en casos concretos dalgunhas salas. E logo temos o tema de legalidade: asumir os custos derivados do traballo real é algo practicamente imposible, tanto como autónomos como como traballador por conta allea, porque o novo convenio fixa unha base de cotización altísima, irreal para o tipo de programación que existe en Galicia. E logo temos asuntos como a Lei de Espectáculos, que estase a endurecer moitísimo. Les ese borrador e pensas en dedicarte a outra cousa, a verdade. E no terreo da comunicación a presenza nos medios é mínima nos medios xeneralistas, e non existen tantos medios especializados.

“Moitos músicos non saben vender e comunicar o que fan”

Te puede interesar