Unha lectura pública en María Pita e a manifestación pola lingua centraron o Día das Letras

Unha lectura pública en María Pita e a manifestación pola lingua centraron o Día das Letras
El Ideal Gallego-2019-05-18-013-c6e1a301

O Día das Letras Galegas tivo como actos centrais na cidade unha lectura pública que tivo lugar no pazo de María Pita e a manifestación, convocada pola plataforma Queremos Galego, que percorreu as rúas coruñesas en defensa da lingua.

Sobre as 11.00 horas de onte, dende o balcón do pazo de María Pita, o alcalde, Xulio Ferreiro, anunciaba un acto no que representantes da corporación municipal e veciños da Coruña lerían diversos fragmentos de obras en lingua galega.

Comezou o propio Ferreiro coa lectura, reivindicando a “necesaria visibilización e recoñecemento das autoras galegas”, lendo para iso un fragmento dunha obra da autora Estíbaliz Espinosa. Fragmentos da obra do homenaxeado neste día, Antón Fraguas, así como o seu discurso diante da Real Academia Galega, o pequenas doses de outros autores como Manuel María completaron o acto.

A marcha de Queremos Galego congregou a unha pequena multitude diante do Tribunal de Xustiza para percorrer algnuhas rúas coruñesas coa fin de pór en valor e defender a lingua galega.

Otras actividades 
O Sporting Club Casino tamén acolleu unha homenaxe con lecturas de varias cantigas do propio Antón Fraguas, así como actuacións de baile do ballet Bainga, e musicais da coral do casino.
Tamén foi partícipe do día das Letras o actor, dramaturgo e escritor Manuel Lourenzo, que participou nun recital de poesía e teatro clásico galego, chamado “Vento nas brasas”, organizado pola sala Gurugú.

Unha lectura pública en María Pita e a manifestación pola lingua centraron o Día das Letras

Te puede interesar