A revista “Galegos” fuxe do anecdotario para sistematizar a etapa de Picasso na cidade

A revista “Galegos” fuxe do anecdotario para sistematizar a etapa de Picasso na cidade
o alcalde coruã±ã©s presentou onte a publicaciã³n nas novas instalaciã³ns da casa museo picasso

Dicía o experto Antón Castro que no cadernillo especial que inclúe a revista “Galegos” (Ézaro Ediciones) sobre Picasso é a primeira vez que se analiza esteticamente a etapa coruñesa do artista. Máis alá dos artigos anecdotarios que se fixeron, o número 18 da publicación sistematiza o período que fixo que o pequeno Pablo marchara sendo un xenio. O especialista lembraba na presentación que o pintor se disciplinou unicamente na cidade. Aquí aprendeu a arte en termos técnicos e precisamente na casa que a familia tiña na rúa de Payo Gómez e que hoxe é casa museo, o seu pai decatouse de que se trataba dunha xoia en bruto ao non matriculalo no instituto.
Aínda así, o entendido recordaba que a importancia dos preto de cinco anos que pasou entre a praia do Orzán e a praza de Pontevedra apenas están bibliografiados e son os anglosaxóns e os franceses quenes descubriron o valor que tivo este tempo para o seu desenvolvemento como artista.
Antón Castro relataba que foi en 1949 cando o propio Picasso lle contaba a Luís Seoane que tiña unha selección de obra apartada para levar á cidade á que nunca regresou, mais nada se soubo disto, engadía. O crítico confesaba estar convencido de que ese conxunto de cadros que tiña pensado deixar en A Coruña tiveron como destino final Barcelona.
Dos intereses por ocultar a etapa coruñesa por parte dos cataláns e da exposición fallida sobre Picasso que a piques estivo de aterrar en A Coruña falaba o que escribe na revista xunto a Ángel Padín, o recentemente falecidos Antonio D. Olano, Rafael Inglada ou Pilar Corredoira. En concreto, da mostra truncada, Castro explicaba que os esforzos do exministro César Antonio Molina por facer a retrospectiva foran moitos tendo en conta as dificultades que puxo a familia.
Pola súa parte, o alcalde Carlos Negreira dicía que o especial era un paso máis na reivindicación da figura picassiana, nesa teima de deixar que a cidade sexa o vértice perdido e asome a cabeza entre as recoñecidas por todos como berces do xenio. Neste aspecto, o alcalde destacaba o consenso xeneralizado que existe na procura de converter a coruñesa en etapa visible ante os ollos do resto do mundo.
Ademais, o editor da “Galegos”, Alejandro Diéguez, explicaba que reportaxes como a de Picasso ían na liña do que buscaban que non é outra cousa que facer país a través de personalidades interesantes e proxectos que axudan aos galegos a sentirse orgullosos de selo como o que inclúen sobre a segunda vida do pazo Baión.
Para o director, a construción representa unha mostra de industria de valor engadido respecto ao patrimonio. O número 18 tamén fai unha parada diante da vida de Antía Cal, un símbolo de modernización para Galicia, e baralla con probas as posibilidades de que Cristóbal Colón fora galego.

A revista “Galegos” fuxe do anecdotario para sistematizar a etapa de Picasso na cidade

Te puede interesar