Máis de 100 deportistas con discapacidade intelectual competirán nunha carreira a nado en Santiago

O evento terá lugar o domingo ás 12.00 horas
Máis de 100 deportistas con discapacidade intelectual competirán nunha carreira a nado en Santiago
Presentación do evento | CONCELLO

Special Olympics Galicia e o Concello de Santiago presentaron esta mañá a 26 edición das Xornadas Autonómicas de Natación para persoas con discapacidade intelectual, que a asociación deportiva celebrará este domingo 10 de marzo en Santiago de Compostela.

 

Un total de 147 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia participarán neste encontro deportivo, co apoio de 38 adestradores e 30 persoas voluntarias da organización, reunindo a máis de 200 persoas nunha xornada que comezará ás 10.45 horas no Pavillón de Fontiñas co acto inaugural co desfile das persoas deportistas. 

 

Posteriormente un atleta da Asociación ASPAS lerá o lema dos deportistas de Special Olympics: "Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento". Unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos.
 

Evento


Os Xogos darán comezo ás 12:00 horas na Piscina Universitaria de Santiago de Compostela, e desenvolveranse durante toda a xornada, prevendo que o acto de clausura sexa en torno ás 18:30 horas. En total son 15 as asociacións participantes, das cales 5 proveñen da provincia de Lugo, 4 de Ourense, 3 de Pontevedra e 3 da Coruña.
 

Máis de 100 deportistas con discapacidade intelectual competirán nunha carreira a nado en Santiago

Te puede interesar