O proxecto FemininoPlural, que crearon Silvia Penide e Carla López fai xa oito anos, continúa reivindicando ás mulleres como creadoras en diversas artes. Grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña este venres 4 a veciñanza de Cambre e arredores poderán gozar do seu directo. Será ás 20 horas no auditorio da Igrexa de Santa María con acceso libre.
Durante o espectáculo a piano e duas voces, Silvia e Carla van repasando cancións compostas por mulleres, algunhas moi coñecidas pero das que pouca xente sabe que a compositora era unha muller, como é o caso de Bésame múcho, dunha moza, Consuelito Velázquez que a escribiu con 16 anos antes de dar o seu primeiro bico.
Tamén incorporan textos de creadoras actuais e de fai tempo e incluso poden escoitarse breves diálogos de películas escritas por mulleres, todo na fantástica voz de Silvia Penide, con nove discos editados e a calidade ao piano de Carla López, que tamén canta nalgún dos temas. Soan pezas de Amaral, Guadi Galego, Patti Smith, Miriam Makeba,...