Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambre

Kelly, a farmacéutica de Cambre que aspira a ser a mellor voz de Galicia

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Veciña da Barcala, en Cambre, Kelly Tajes é farmacéutica e unha dos oito novos concursantes da ‘Liga dos Cantantes Extraordinarios’. A única da contorna da Coruña.

Esta non é a súa primeira vez na TVG –estivo no ‘Atrápame se Podes’– pero nunca antes se subira a un escenario: “Nin din clases de canto, nin estiven en ninginha orquestra, ou sexa, cero, completamente cero, de andar pola casa, karaokes de vez en cando e xa”, comenta Kelly. Una auténtica crack que compaxina as grabacións co traballo na farmacia, “de luns a venres, sempre en quenda de tarde, e algún sábado pola mañá”. No espazo televisivo está apadriñada polos Satélites, e tamén niso se sinte afortunada pois, aínda que confesa non ser moi verbeneira, eles están entre os que máis lle gustan “e non porque me apadriñen, senón porque sinto que a nivel vocal son os que máis destacan”, engade a artista da Barcala.

Kelly tajes 21551228
Kelly Tajes durante a súa actuación na 'Liga dos Cantantes Extraordinarios' | Cedida

En canto ás rodaxes, son intensas pero marabillosas, “desde as nove e media da mañá, coa maquillaxe, os ensaios do tema, a coreografía... Despois, perruquería e listo”, explica Kelly.

Os temas non os escollen eles senón os responsables do espazo pero ela, que ten as súas preferencias, tanto de voces como de estilos, trata de adaptarse aínda que unha vez escapóuselle un ‘Ai, Deus’.

Porque ela é de Lady Gaga, Céline Dion ou Beyoncé, que “son máis o meu timbre”, pero no escenario dálle a todo, entrégase como cantante extraordinaria que é: “Dedicaríame a isto... Absolutamente”, di emocionada a concursante, seguidora de Lara Fabian e de Marc Anthony. “Este verán vereino na Coruña, xa teño as entradas”, remata Kelly.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620