Aquel ano no que toda Galicia mirou a Bergondo

Aquel ano no que toda Galicia mirou a Bergondo
A Quinta de San Vitorio, onde medrou Xoán Vicente Viqueira

Foi un 17 de maio de 1974. Ese ano, hai medio século, o Día das Letras Galegas a Xoán Vicente Viqueira López-Cortón. Once despois que Rosalía de Castro. Un antes que Pintos. Entón, o país enteiro mirou a Bergondo. Alí, no cemiterio de Ouces, descansan os restos do escritor, e alí, na Quinta de San Vitorio, medrou aleuto o neno e forxou o seu carácter o intelectual, influído polos costumes e a vida na aldea de Vixoi.

 

“De non ter compartido os seus días coas xentes, o que existiría sería outro Xan Vicente, pero non o galeguista que foi, comentaba Carmen, unha das súas fillas, pouco antes de morrer en México, a donde chegaron exiliados os Viqueira Landa. 


Transcorridos cinco decenios daqueles actos, o Concello de Bergondo celebra o ‘Ano Viqueira’ coincidindo co centenario da morte do autor, que finou o 24 de agosto de 1924 na Lagoa, en Ouces. “Aí che vai, Viqueira. É o único que podo facer por ti, Vicente”. Quen pronuncia estas palabras lanza un obxecto metálico sobre o cadaleito ¿Un crucifixo? Din que o adeus a Xoán Vicente Viqueira marcou a quen asistiu durante toda a vida, e que aquel silencio, roto pola exclamación imprecisa dun descoñecido, colouse para sempre na memoria dos que aquel agosto abarrotaban a campa de Ouces.

 

Homenaxes

Cando o Día das Letras Galegas honraron a súa figura e a súa obra, só unha lousa de granito co seu nome gravado advertía de que aquela era a sepultura dun dos máis grandes humanistas galegos do século XX. Dez anos despois, en 1984, a institución municipal colocou tamén un monolito: ‘Bergondo, a Viqueira’. 


Este 2024 réndelle de novo tributo para conmemorar o centenario do seu pasamento e iniciar unha rolda de homenaxes que, co obxectivo de pór en valor aos seus veciños máis ilustres, continuará nos anos vindeiros dedicando iniciativas e eventos a persoeiros como Florencio Vaamonde Lores, a quen evocará en 2025, ou a Filomena Dato Muruais, en 2026. A idea é dalos a coñecer entre os cidadáns, “difundindo a súa obra e o seu legado mediante actos e actividades, implicando á comunidade educativa do concello e asociacións culturais interesadas en participar nestas homenaxes”, explica a coalición PSOE-Alternativa dos Veciños.


Tamén o BNG se sumou a estes actos e, a través das súas diputadas Mercedes Queixas e Iria Taibo, solicitará á Xunta colaboración para adquirir a Quinta de San Vitorio. Un inmoble que “albergou boa parte da historia recente de Bergondo que cómpre conservar e divulgar”, onde se citaron “destacados humanistas como Giner de los Ríos ou Bartolomé Cossío, entre outros persoeiros da Institución Libre de Enseñanza”, ademais de ser  “un ben catalogado nas normas subsidiarias en vigor, polo que é preciso protexelo”, indicou Mercedes Queixas.

Aquel ano no que toda Galicia mirou a Bergondo

Te puede interesar