Xiradela mantén viva a tradición co Día da Muiñeira

Xiradela mantén viva a tradición co Día da Muiñeira
Pequenos participantes no Día da Muiñeira

A XXXVI edición do Día da Muiñeira de Arteixo, organizada cada ano pola asociación local Xiradela, encheu de tradición o paseo do Balneario o domingo. A peza escollida para esta ocasión, e que executaron conxuntamente todos os grupos de baile ata en tres ocasións, foi a ‘Muiñeira do Século XII’.


A cita contaba con doce agrupacións participantes e un total de 28 grupos de baile, sumando ao redor de 300 bailadores interpretando a mesma peza a un tempo. No público, aproximadamente, había outras 300 persoas.

Dia da muiu00f1eira arteixo 2024


“A tarde foi de festa e ata público, bailadores e músicos se animaron a facer unha onda coas mans, ao xeito dos recintos deportivos, que recorreu o paseo do Balneario. Unha anécdota que dá conta do ambiente festivo que se viviu”, apuntan.

Xiradela mantén viva a tradición co Día da Muiñeira

Te puede interesar