O Vello Rilo tempera de novo a súa gaita en Betanzos

O Vello Rilo tempera de novo a súa gaita en Betanzos
Copia (2) de El Ideal Gallego-2015-12-22-021-c59d709d

¿Qué betanceiro non escoitou faltar algunha vez do Vello Rilo”? Manuel Rilo Pardo, un dos referentes na historia da música tradicional galega, naceu en San Nicolás de Cis, no extinto Oza dos Ríos, en 1829, pero sempre estivo vencellado á capital de As Mariñas. Desde esta fin de semana, Manuel Rilo Pardo é tamén o nome  dunha das aulas da Escola Municipal de Folclore (EMUF) de Betanzos. O alcalde, Ramón García Vázquez, presidiu un acto ao que asistieorn unha tataraneta do homenaxeado, Neli Villares Rilo; o profesor betanceiro Xesús Torres Regueiro, autor de diversos traballos sobre a traxectoria do gaiteiro, e un dos mestres da EMUF, Pedro Lamas, quen recuperou para a ocasión a gaita do Vello Rilo para interpretar varias pezas, entre as que non faltou a célebre “Muiñeira de Piadela”.
García sinalou que “adicando esta aula a Manuel Rilo Pardo, o Vello Rilo, non só facemos un máis que merecido recordatorio a figura do gaiteiro por excelencia que foi, senón que dende hoxe o seu nome estará unido para sempre a esta escola, aos rapaces e rapazas vencelladas a ela para que, dende o primeiro momento saiban quen foi, coñezan unha figura irrepetible na historia da música popular galega”, resumiu o alcalde de Betanzos.
Rilo, máis cun magnífico gaiteiro, foi “o reflexo da tradición e a pureza da nosa música”, apuntou o mandatario local antes de incidir en que na súa figura encarnábase “ toda a cultura popular do seu tempo: sermoneador nos entroidos, coplista, transmisor de contos….facía rir a esgallo a quen o escoitaba”, engadiu García.  Ese era O Rilo, ferreiro de profesión; labrego e gandeiro por subsistencia, veciño ilustre de Santo Estevo de Piadela.
Para o Concello de Betanzos,  a súa memoria “debe  servir de exemplo, ainda a día de hoxe, a moitos dos nosos mozos, pois foi quen de demostrar  que unha persoa coas limitacións e necesidades daqueles tempos  pode formarse, traballar e, con sacrificio, chegar a conquerir grandes metas ata, neste caso, ser considerado, nalgunha ocasión, o mellor gaiteiro de Galicia”.

O Vello Rilo tempera de novo a súa gaita en Betanzos

Te puede interesar