“Estou convencido de que a cesión do polígono de Sabón é un mal negocio para Arteixo”

“Estou convencido de que a cesión do polígono de Sabón é un mal negocio para Arteixo”
Copia de El Ideal Gallego-9999-99-99-999-881fb106

José Márquez leva na política de Arteixo dende 1995. Afirma que aínda non sabe si será candidato nas próximas eleccións, pero di con orgullo que é “político”.

TeGa é o partido da oposición que máis veces respaldou propostas do goberno. É polo o seu estilo de facer oposición?
Non sei se é o estilo. O que sí, e que como pasamos varias experiencias, sabemos o que se coce gobernando e na oposición. Como sufrimos no mandato pasado os contratempos de votarnos en contra de todo por non ter a maioría, decidimos facer unha oposición máis correcta, e non estar en contra de todo, porque entendemos que non é o normal porque quen as paga ao final é o pobo, e, por iso, en todas esas cousas que cremos que había que apoiar, apoiamos. Nos orzamentos, nos abstivemos porque entendimos que non eran uns orzamentos que nos gustasen.

O seu voto foi clave para subrogar á plantilla de Augarsa. Supuxo un problema no seno de TeGa?
Non. O falamos antes. Eu estou e estarei toda a miña vida defendendo aos traballadores e en ese sentido, como o informe non era de todo favorable, pois o resto do grupo votou a favor do informe e eu desvinculeime porque por encima de todo están os traballadores e estou convencido de que iso non é ningún delito, e por iso tomei esa decisión, consensuada co grupo.

Respecto a Augarsa. Como cre que está agora o servizo?
O servizo está un pouquiño millor. A cuestión e que antes, Augarsa, con todo o diñeiro que recaudaba tiña que facer todas as inversións, ademais das que facía o Concello. Si compres a un prezo máis alto do que vendes, a empresa vai a quiebra. Iso está claro. O que ocurre agora e que é moi fácil ser xerente de Augarsa, cando a plantilla a paga o Concello, e cando as reparación as fan con empresas exteriores. É dicir, se os ingresos son menos que os gastos se tira da caixa municipal.

TeGa abstíveso na cesión do polígono de Sabón. É un mal negocio para Arteixo?
Estou convencido de que é un mal negocio, porque, este tema se falou del en varias ocasións, desde o 2000. Nós entendemos que si debe ser do Concello, pero con outras condicións. Se a Deputación se gasta por dicir unha cifra 500.000 euros no mantemento, nós queremos que eses cartos se lles siga dando ao Concello para facer ese mantemento porque ao final a Deputación o que fai é entregar un polígono que está falto de servizos, e quen o vai pagar as consecuencias son os veciños. Por que digo esto? Porque a Deputación pon o diñeiro para esas inversións, pero o mantemento o ten que pagar o Concello. Desde o PP de Arteixo lles parece un gran negocio, e creo que non o valoraron ben, porque o PP de Arteixo funciona polo que lle digan de arriba, e non só có polígono, senón con todas as cuestións que tocan administracións gobernadas polo PP, tanto Xunta como Estado, o que digan arriba é o que fan, independentemente de que o negocio sexa bó ou malo e que aos veciños lles coste máis.

Refírese a asuntos como o acceso ao Porto Exterior, o tren...?
Todo. Todo o que dependa de administracións de alto rango, aquí se fai exactamente o que manden e nós temos claro que estamos para defender os intereses dos veciños. Os intereses do PP os terá que defender o PP. Hai unha anécdota, na rotonda de Sabón:  esa pasarela estaba diseñada para facer un túnel por debaixo que era a solución do tráfico  do polígono, quitáronlle esa parte para aforrarse catro millóns, e incluso comenteille ao alcalde que o Concello participara para asumir esa parte que falta e facer un acceso definitivo, porque estou comprobando que o colapso sigue nas horas punta. Non foi a solución e tiramos cun diñeiro importante dunha pasarela que custou moito diñeiro. Por iso digo que só fan o que lles mandan de arriba.

No mandato pasado TeGa estaba no goberno e quedou pendente o PXOM. Agora, volve a quedar pendente ate 2017, parécelle lóxico?
Non é que o vexa lóxico, e que o PXOM se fixo no anterior mandato do PP, e cando a Xunta fixo o informe de que cousas había que correxir, non houbo interese e rompimos có PP. A partir de ahí, se preparou a documentación para o contrato do 2009 e se traballou dous anos. Cando chegou o PP, dous anos era suficiente, coa parte feita e o contrato feito que leva moito tempo, con catro anos tiña que estar feito, o que pasa é que non hai interese. Bueno, interese en facelo hai, pero daquela maneira, e saben que así non llo van aprobar, non hai técnicos que dixeran antes que non valía e agora digan que si. Entón, mentras se queira facer un PXOM á medida para uns cantos, non será posible. Estou convencido de que están esperando a que pasen estas eleccións para sacalo. É un incumprimento do alcalde e do concelleiro que antes estaba na asociación de Larín e sempre preguntaba polo PXOM, e agora pregúntolle se non o pode sacar ou se non o queren sacar. Estou convencido de que todo o que estaba feito o renovaron, porque nós á empresa lle dixemos que cos informes e os convenios que había, que se adaptaran á lei e fixeran un PXOM que se puidera aprobar, aínda que logo se fixera algunha modificación. Parece que iso non sirve, e o que di a lei parece que non gusta, e entón o PXOM terá que esperar.

Vaise presentar ás próximas eleccións?
Non o sei, porque temos que facer unha reunión. Estiven dous meses fóra por asuntos de familia, e non asistín as últimas reunións e falaremos diso en xaneiro.

Pero, a nivel persoal, apetécelle ser o candidato?
Levo en política, bueno, levo no sindicato desde o 75, cando non era nin legal. Estiven ate o 99. A partir do 95 entrei como concelleiro e iso non se vai a quitar e por suposto que eu son político. A idea está clara, pero, logo, son bastante anos e todo cansa pero todo agrada. Cando estás nunha situación destas, fas cousas que poden gustar máis ou menos, pero é unha satisfacción tamén.  Todo ten as súas cousas boas e as súas cousas malas, pero político vou a seguir sendo e o grupo está ahí e vai ter o meu apoio ao 100%.

“Estou convencido de que a cesión do polígono de Sabón é un mal negocio para Arteixo”

Te puede interesar