A Deputación da Coruña e Castelo Conta impulsan ‘Un Monte para Sempre’ para conectar á mocidade coa natureza

A institución provincial achega 40.000 euros para desenvolver actividades en toda a provincia
A Deputación da Coruña e Castelo Conta impulsan  ‘Un Monte para Sempre’ para conectar á mocidade coa natureza
O deputado José Ramón Rioboo; o presidente, Valentín González Formoso, e o secretario da entidade, Álvaro Pérez | Cedida

A Deputación da Coruña e a Asociación Cultural Castelo Conta, con máis dun decenio de experiencia na organización de actividades sociais e culturais no entorno do Xalo, asinaron un convenio, con 40.000 euros de achega provincial, para impulsar ‘Un Monte para Sempre’, unha iniciativa innovadora de carácter cultural, educativo e ambiental que intenta divulgar entre a infancia e a mocidade o respecto, o coidado e a vinculación emocional co medio natural, neste caso no territorio da Coruña. 

 

En definitiva, ‘Un Monte para Sempre’ aspira a “crear unha nova cultura do monte como espazo de encontro, aprendizaxe, memoria e futuro, ofrecendo alternativas de lecer saudable, formación crítica e implicación directa coa realidade ambiental e social de Galicia”.


O presidente provincial, Valentín González Formoso; o secretario da asociación, Álvaro Pérez Becerra, e o deputado José Ramón Rioboo, asistiron á sinatura do convenio, co que se custeará unha ampla e diversa axenda de actividades en contornas rurais e forestais, con especial atención á participación activa da mocidade e á transmisión de saberes entre xeracións; con actividades adaptadas a distintos grupos de idade e perfís sociais, e coa vontade de implicar ás familias, á veciñanza e aos axentes de cada municipio onde se desenvolva, todas na provincia da Coruña.
 

Entre as iniciativas destacan ‘Un monte con TikTok’, un obradoiro creativo dirixido a nenos para reinterpretar o medio natural a través das redes sociais; ‘Retratos entre Xeracións’, que recolle en formato fotográfico as historias e os rostros dos maiores do rural; ‘Microconcertos no Monte’, pequenos espectáculos musicais en directo e na natureza, para familias e público xeral; ‘Unha noite no Monte’, que incluirá xogos, acampada e observación da natureza; ou ‘Un Monte Limpo’, unha competición lúdico-educativa centrada na recollida de residuos e concienciación ambiental, ás que se sumarán outras actividades como ‘Videoclip Rural’ ou ‘Prantar un monte para sempre’, que afondan na recuperación do patrimonio inmaterial da Coruña.

A Deputación da Coruña e Castelo Conta impulsan ‘Un Monte para Sempre’ para conectar á mocidade coa natureza

Te puede interesar