Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

Bico de Xeado converte o Branco Lexítimo de Paderne nun novo sabor de edición limitada

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O sábado, 5 de xullo, e o domingo, día 6, o Branco Lexítimo poderá beberse, pero tamén catarse en formato xeado. Bico de Xeado preparou este novo sabor de edición limitada que estará dispoñible, unicamente, na II Feira GastroLexítimo de Paderne. Esta variedade estará á venda ao longo da fin de semana para todas aquelas persoas que desexen descubrir os atributos e características deste viño do xeito máis refrescante.

A compañía terá un stand propio na segunda edición da cita gastronómica. Neste posto, exporá e ofrecerá a súa gama de sabores clásicos, dando a posibilidade, ademais, de degustar a súa nova variedade de Branco Lexítimo.

O alcalde, Sergio Platas, anima á xente a sumarse á feira "para gozar do noso Branco Lexítimo, xa sexa do xeito tradicional ou en forma de xeado" e agradece á compañía "o esforzo por converter este caldo nun novo sabor". O rexedor incide en que este tipo de accións contribúen "a poñer en valor e dar a coñecer este viño, que ten a súa propia denominación de orixe".

Un programa completo

A II Feira GastroLexítimo contará cun completo programa que se desenvolverá ao longo de dúas xornadas (sábado, 5 de xullo, e domingo, día 6). Entre as actividades do sábado haberá unha cata a cegas a cargo do experto Alejandro Paadín, obradoiros gastronómicos, animación, exhibicións deportivas e boa música. Neste apartado, destaca a actuación de Luar na Lubre, prevista para o sábado, ás 21.30 horas.

O domingo, día 6, terá lugar o II Trail e Andaina GastroLexítimo de Paderne, no que tomarán parte 350 persoas en distintas modalidades. Así mesmo, ás 11.00 horas está prevista unha experiencia gastronómica a cargo de Miguel Mosteiro. O programa incluirá tamén unha cata a cegas por parellas por parte de Alejandro Paadín (13.00 horas), talleres e xogos para os nenos e nenas, entre outras opcións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620