A voz da familia máis numerosa da Coruña

A voz da familia máis numerosa da Coruña
Xulia Santiso e Ana Romero antes da presentación | pedro puig

Foron practicamente unha familia, polas relacións que estableceron e pola solidariedade dentro da fábrica de Tabacos, e foi moi numerosa, máis de 4.000 na metade do século XIX e preto de 300 cando pechou a factoría hai 20 anos.

A doutora en Historia pola UDC e docente no IES Monte das Moas, Ana Romero Masiá, e a licenciada en Museoloxía pola USC e responsábel da casa museo de Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, presentaban onte na libraría Moito Conto a obra “A voz das últimas cigarreiras coruñesas”, na que abordan a historia da fábrica de Tabacos da cidade mediante as testemuñas de dez mulleres que traballaron nela nas súas últimas décadas.

Coincidindo co centenario, o pasado ano, do falecemento de Pardo Bazán, e co gallo dos 20 anos do peche da fábrica, xurdiulles a idea de “dar voz a algunha das útimas cigarreiras que pecharon a fábrica, porque hai traballos sobre a propia fábrica e sobre a elaboración do tabaco, pero realmente ás mulleres non se lles preguntaba”, explica Romero.

E iso fixeron, ao longo de máis dun cento e medio de páxinas recolleron impresións do traballo dunha das factorías máis importantes da cidade (nalgún momento, a súa plantilla chegou a representar en torno ao 13% da poboación da Coruña).

A sensación de que era un traballo para toda a vida, as relacións familiares que facilitaban a entrada, as revoltas sindicais, a solidariedade interna, a evolución do traballo e da tecnoloxía a utilizar e o peche de Tabacos está contado, nesta ocasión, pola propia voz de quenes pasaron horas e horas entre esas paredes.

Romero sinala que non foi moi complicado localizar ás dez cigarreiras ás que dan voz, porque todavía queda nelas esa ligazón de ter sido “unha colectividade moi unida e eso sigue vivo”, relata, mentres lembra que moitas delas seguen a manter amizade e quedan de cando en cando, 20 anos despois do peche.

“Creo que se sentiron moi contentas de sentirse protagonistas” e de que “o libro recoñeza o papel que tiveron social e económicamente nesta cidade”, conta unha das súas autoras.

Ana Romero , Xulia Santiso veu00f1en de publicar o libro u201cA voz das u00faltimas cigarreirasu201d,

As autoras xunto ás cigarreiras antes da presentación



Pardo Bazán e docencia


No caso de Romero, xa tiña traballado no pasado sobre a fábrica, pero nesta ocasión o papel central é para as cigarreiras. Isto serviu para “confirmarme algunhas ideas que xa tiña, que algunhas son incluso as mesmas que as que tiña Pardo Bazán”, porque este e outro punto a destacar da obra, xa que “na medida do posible, os grandes bloques temáticos inician cun texto de Pardo Bazán”.

Como docente, Romero lembra que, aínda que quizáis non están moi presentes nos máis novos, os programas educativos sí que as teñen en conta, xa que son mencionadas no “traballo feminino” e no movemento ludista de mediados do século XIX. 

A voz da familia máis numerosa da Coruña

Te puede interesar