Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A RAG difunde nunha páxina web as partituras de Marcial del Adalid

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A Real Academia Galega (RAG) difunde as partituras do compositor coruñés Marcial del Adalid nunha nova web con músicos do Rexurdimento. Trátase, explicou a entidade nun acto onte, dun espazo que ofrece, entre outros recursos, o catálogo das pezas compostas polo compositor e tamén da biblioteca musical familiar, entre outros materiais.

A clasificación, según se explicou na presentación por parte dos responsables da institución académica, está baseada no traballo da musicóloga Laura Touriñán Morandeira.

Carreira prolífica

Autor de case 300 títulos coñecidos, a práctica totalidade das composicións de Marcial del Adalid, tanto en manuscritos como en obra impresa, consérvanse na Real Academia Galega (RAG), que custodia desde 1928 un conxunto bibliográfico do músico. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o académico correspondente e musicólogo Fernando López-Acuña, e a investigadora presentaron o libro realizado por Laura Touriñán e publicado en torno á figura do compositor e o seu legado na institución académica.

Freixanes engadiu que a RAG recibiu a biblioteca musical e o arquivo de Del Adalid o 12 de decembro de 1928 por doazón de María del Adalid, a única filla que tivera coa súa dona, a escritora e académica Fanny Garrido (1842-1917). “Desde entón a Academia séntese obrigada coa memoria dun dos músicos máis representativos do noso Rexurdimento. Con esta nova web e o libro que asina Laura Touriñán, a institución salda en parte esta débeda histórica”, apuntó, calificando ao músico como “un autor que sobresaíu por ser pioneiro na procura do son da galeguidade”.

Considerado un dos precursores nun camiño que foi secundado por autores posteriores como Pascual Veiga, Juan Montes ou Baldomir, toda a biografía e obra de Del Adalid pode consultarse na páxina marcialdeladalid.academia.gal.

“Con certeza é un dos personaxes máis relevantes da nosa historia da música e da cultura galegas, pero tamén un dos autores decimonónicos máis destacables da historia da música española”, destacou a autora do volume, Laura Touriñán, no acto de onte na Fundación Luis Seoane da Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina