A Coruña disporá unha lembranza eterna na praza do Humor para Pedro Brandariz

A Coruña disporá unha lembranza eterna na praza do Humor para Pedro Brandariz
Pedro Brandariz, durante unha actuación para nenos na cidade | Patricia G. Fraga

No momento da súa triste marcha, en frebreiro, a cidade, o tecido cultural e máis a sociedade en xeral amosaron o enorme agarimo que gardaban polo actor e humorista Pedro Brandariz. A urbe coruñesa disporá na praza do Humor unha mostra máis dese agarimo, adícandolle a Brandariz unha lembranza que permanecerá alí para sempre.

Trátase dunha silueta do cómico que vestirá a praza unha vez o Concello da Coruña efectúe a reforma da contorna, que agradan comezar nunhas semanas.


A alcaldesa, Inés Rey, anunciaba hoxe esta obra, coa que aproveitarán para adicar oito novos espazos a outros tantos persoeiros. Serán oito ilustracións, ou siluetas, das cales unha será a de Brandariz, e que realizará o artista ferrolán Siro López, que tamén é o autor do actual deseño da praza do Humor.


“Pedro Brandariz era unha persoa que gozaba do cariño e simpatía xeral das coruñesas e coruñeses”, explicaba Rey, que engadía que Brandariz “sempre tiña un sorriso para a xente que estaba ao seu carón”.


“Deixounos como legado a súa felicidade, unha forma de vida que ficará con nós. E tras a reforma da praza do Humor, coa inclusión da súa silueta, tamén teremos un recordo imperecedoiro da súa figura nas rúas da nosa cidade”, sinalaba a alcaldesa.


Reforma

Deste xeito, o Concello comezará as obras de reforma da praza do humor nas vindeiras semanas, segundo o que apuntou a alcaldesa.


Esta contorna está ocupada na actualidade por unha nutrida representación de persoeiros do mundo da arte, que no futuro próximo serán oito máis.


A praza conta cunha extensión duns 384 metros cadrados, nos que hai dispostas 472 

baldosas de mármore branco. Este pavimento artístico conta cunha serie de ilustracións, as “Viñetas”, que representan a autores como Twain, Cervantes, Shakespeare ou Moliére, así como actores tan recoñecidos coma Groucho Marx ou Mae West, aos que se suman outras personaxes ficticias coas que creceron diversas xeracións, coma puideron ser Mafalda, Obelix, Snoopy ou Charlot.


A praza conta tamén con esculturas de Vicente Risco, Castelao, Álvaro Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez e Julio Camba, además da Fonte do Gatipedro.

Serán, precisamente, estes elementos os que sexan protagonistas das principais actuacións que se leven a cabo nas vindeiras semanas.


Segundo explicaron hoxe dende o Concello, atendendo ás necesidades de mellora destes elementos patrimoniais, optarase pola posta en marcha dun plan de recuperación da figura do Gatipedro, que será sometida a unha limpeza integral. Ademáis, os bancos-escultura de Castelao e Cunqueiro serán reconstruidos, reintegrando as súas discontinuidade, mentres que o busto de Risco será restaurado. As lousas do chan tamén serán obxectivo das obras, xa que tamén serán recuperadas.

A Coruña disporá unha lembranza eterna na praza do Humor para Pedro Brandariz

Te puede interesar