Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Noemí Chantada e Óscar Pardo dirixen a gala dos XXI Mestre Mateo

beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Noemí Chantada e Óscar Pardo dirixirán a gala dos Mestre Mateo que se celebrará o vindeiro 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense. Organizado pola Academia Galega do Audiovisual, o espectáculo, con guión do cómico Denny Horror, será emitido en directo pola TVG. No decurso do mesmo, daranse a coñecer as obras e profesionais premiados nas 26 categorías dos premios.

A mestra de cerimonias será a actriz Bárbara Grandío, quen estará acompañada sobre o escenario pola cantautora Silvia Penide e a Xove Orquestra Sinfónica Ourensanía, baixo a batuta de José Luis Tielas.

Bárbara Grandío

Rostro popular de proxectos televisivos como as series La que se avecina, A Estiba e Anclados, ou cinematográficos como as longametraxes Historias Lamentables de Javier Fesser e A historia dun satélite das Also Sisters. Polo seu traballo  nesta última, foi finalista dos premios Mestre Mateo no ano 2018.

Actualmente compaxina o seu traballo como actriz coa dirección da montaxe teatral La vida real de Nacho L. Murria e os ensaios do que será o seu primeiro traballo como monologuista de comedia Rara.

Denny Horror

Cómico de stand-up e guionista especializado en comedia, nos últimos anos traballou nos equipos de guión de programas como La Resistencia, os Especiais de Fin de Ano de José Mota, Battle Roast, Locomundo ou ¿Y si sí?.

Protagonizou dez especiais de stand-up en Comedy Central, gravou o disco de Un paseo por el lado oscuro con Comedy Dynamics e apareceu en programas de humor como Late Motiv, Sopa de Gansos e José Mota Presenta.

José Luis Tielas

Formado en Portugal na Academia Europea de Dirección de Banda e na Escola Galega de Dirección de Banda, é Graduado Superior en Composición e Dirección de Orquestra.

Na actualidade é profesor de Fundamentos de Composición no Conservatorio Profesional de Música de Verín e dirixe a Escola de Música da Limia.

Noemi Chantada e Óscar Pardo

Despois de varios anos traballando por separado (Noemí como directora de fotografía e cámara e Óscar como director, montador e posprodutor) en 2016 fundan Islandia Producciones para poder levar a cabo proxectos mais persoais.

O seu primeiro proxecto conxunto será a curtametraxe documental La mujer invisible, seguida por Xoves de Comadres, galardoada cun premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de ficción. Outros proxectos que levaron a cabo foron Santiago, cidade de cinema, Mestre Mateo ao Mellor Anuncio Publicitario ou o documental Sorrisos Transformadores.

Na actualidade a súa curtametraxe Véxote, que dirixe Óscar Pardo e mestura animación e ficción, atópase en fase de postprodución.

Silvia Penide

A cantautora coruñesa celebra en 2023 vinte anos sobre os escenarios, unha traxectoria recoñecida, entre outros, con dous Premios Martín Codax da Música Galega. Compaxina as xiras coa súa banda con proxectos como FemininoPlural, espectáculo adicado ás mulleres creadoras, ou Diferentes Diferenzas, un espectáculo para público familiar que pon o foco na importancia de respetar e valorar as persoas diferentes.

A súa xira de vinte aniversario empezará o once de febreiro en Madrid para, posteriormente, visitar diversas vilas e cidades galegas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620