Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O Museo do Pobo Galego gaña o premio Pedra do Destino

Na xornada deste sábado, 17 de maio, Día dos Museos, Amigos dos Museos de Galicia deu a coñercero premio Pedra do Destino nun ato celebrado no espazo cultural de Portas Ártabras.

Neste 2025 o premiado é o Museo do Pobo Galego "pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas institucións".

Cartel de cego Premio Pedra do Destino 2025
Cartel de cego Premio Pedra do Destino 2025

O premio nesta ocasión, sinalan dende Amigos dos Museos de Galicia, consistirá nun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do século XX, rescatado no mercado de antiguidades.

Thumbnail Felipe Senu00e9n no Du00eda dos Museos en Portas u00c1rtabras
Felipe-Senén durante o acto

A entrega do galardón efectuarse no outono. Finalmente o arqueólogo Felipe-Senén insistiu no papel dos museos como "necesario complemento da educación, onde recobrar o diálogo, a igualdade e a liberdade pola paz". Cun refrixerio enxebre e brindis polo mellor futuro para os museos, convidouse aos numerosos asistentes a visitar museos para finalizar o acto.