Un investigador da Universidade publica en Science un fenómeno químico non observado anteriormente

Un investigador da Universidade publica en Science un fenómeno químico non observado anteriormente

O investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade, Jesús Mosquera, publica en Science un fenómeno químico nunca observado antes que excede os límites da razón, segundo apunta a UDC.


O artigo en cuestión foi publicado o pasado 8 de xullo nunha das revistas máis prestixiosas. Jesús Mosquera é investigador Ramón y Cajal no grupo NanoSelf do Cica da Universidade.

 

Un resultado sorprendente
En colaboración coa Universidade Tecnolóxica de Eindhoven descubriu que engadindo máis auga a unha solución acuosa de certos compoñentes, sorprendentemente a mestura pasa a estado sólido. Trátase dun resultado imprevisto, xa que se esperaría que, a maior cantidade de disolvente engadido, máis líquida quede a mestura, di a Universidade. Os investigadores demostraron que isto pode non ser así, e a este fenómeno o denominaron “transición sol-xel”, xa que hai unha transformación dun estado a outro.


“Basicamente rompemos o mito de que a disolución conduce a unha menor interacción entre moléculas e, polo tanto, a un estado máis líquido, onde as moléculas quedan diluídas”, explicou o investigador. 

Un investigador da Universidade publica en Science un fenómeno químico non observado anteriormente

Te puede interesar