Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Inés Rey sinala a importancia da actividade física tras visitar unha sesión de Coruña en Forma

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá unha das sesión do programa municipal Coruña en Forma que se están a desenvolver, de luns a venres e durante os meses de xullo e agosto, na explanada da dársena de Riazor. A rexedora destacou a importancia de manter hábitos de vida saudables durante o verán.

“É moi importante que a cidadanía, sexa cal sexa a súa idade e condición, practique deporte os 12 meses do ano e por iso desde o Goberno municipal impulsamos cada verán un programa de actividades deportivas gratuítas en diferentes espazos da cidade”, indicou Rey, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. O programa municipal Coruña en Forma celébrase nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en 11 espazos diferentes da cidade, levando a diferentes barrios actividades deportivas de

mantemento físico de balde e abertas a toda a cidadanía, sen importar a súa idade e condición

física.

Coruña en Forma conta con sete modalidades deportivas que se poden practicar en horario de mañá e tarde e están dirixidas por persoal especializado, que guía ás persoas participantes cun nivel de intensidade moderado. As modalidades son: ioga, tai-chi, ximnasia aeróbica, zumba, maiores en forma, pilates e tonificación muscular.

Entre os 11 espazos nos que se desenvolve esta iniciativa destaca a incorporación do parque de Eirís ao programa. Os puntos onde se está a celebrar son: miradoiro do Matadoiro, parque Europa, Barrio das Flores, praia de Riazor, praza Elíptica, parque de Vioño, praza dos Mariñeiros, praza dos Avós, Novo Mesoiro (campo Cruyff Court), praza de Espazo Coruña e praza de Eirís.

Toda a programación e as actividades de cada un dos espazos pódese consultar na páxina

web coruna.gal/enforma.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620