Grande Amore | “Intento facer letras despreocupadas, pero sempre acabo tirando pola parte agónica”

Grande Amore | “Intento facer letras despreocupadas, pero sempre acabo tirando pola parte agónica”
Grande Amore, nunha imaxe promocional | Aigi Boga

O ritmo é de festa, mais o trasfondo das letras vai, por momentos, máis aló, mostrando o sentir dunha xuventude que por momentos non se ve reflectida na sociedade actual. O que comezou con Nuno Pico interpretando a The Corrs na habitación da súa irmá cando era un neno, agora o leva, como Grande Amore, por todo o Estado. Este sábado toca o Inn Club (23.00 horas), no marco dos Directos Vibra Mahou.


Nestes momentos que acuden á sala coruñesa, estrenan formación, xa que a él e máis a Mariagrep únese “un terceiro membro, que é Clara, e introducimos tamén guitarras e sintetizadores”, explica Nuno Pico. Engade que están sumando ao repertorio os adiantos do que será o seu vindeiro disco, como ‘Pelea’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’ ou o recén estrenado ‘Onde ela me quer levar’, que viu hoxe a luz. Entre risas asegura que “aínda que fora mentira, tería que dicircho igual, pero, honestamente, é o concerto máis divertido e interesante que estamos dando até o momento, ¿que lle diría ao público? que veñan con ilusión”, asegura sen aguantar a risa. Ademais, chega á Coruña liberado, xa que lle tocaba acudir o domingo á mesa electoral en Burela, mais excusárono: “a democracia deume unha alegría”, bromea ao respecto.


De cara a ese novo disco, apunta que están “ultimando detalles”. “Básicamente, garda semellanzas co anterior, pero sí que creo que é un pouquiño máis escuro, máis duro”, indica, ao tempo que engade que “estame sorprendendo moito o ben que están funcionando as cancións en directo, penso que vai ser un disco que se vai agradecer moito no directo”.
 

Sobre ese punto de realidade nas letras, mesturada con ritmos máis animados, asegura que é algo natural. “Moitas veces intento facer letras máis despreocupadas, pero nunca dou, sempre acabo tirando pola parte máis agónica”, di rindo. Explica, “salvando as distancias”, que non busca esa mistura como facían os Smiths, “que tiñan música de baile, animada, e as letras eran escuras e intimistas, non é que sexa explícito, sae de forma natural”.

 

Inicio, estilo e idioma

Dende pequeno lle atraía a música, “pero sobre todo a parte de actuar, a do directo”, e así o reflectían esas actuacións na casa con The Corrs de fondo. Despois chegou a etapa na banda de Burela, unha etapa que hoxe lembra como “bonita”, por poder compartir actuacións “cos compañeiros” por Galicia adiante, “é algo que me encantou”.


Él mismo recoñece que o estilo que lle está a funcionar como Grande Amore non foi de todo buscado pensando no que podía ou non podía funcionar, porque se se buscaba esa fórmula, “non faría as cancións que fago agora”. “O bon funcionamento de Grande Amore foi algo buscado, pero tamén azaroso e me pillou un pouco desprevenido”, apunta.


Outro aspecto que xurdiu natural foi o cantar en galego e entende que para calquera persona “que chega a unha canción ou artista, de forma desprexuizada, é fácil que che guste”, sen importar o idioma. No seu caso, “é moi bonito, é unha alegría ir a lugares como Valencia e ver que cantan as túas cancións”. 

Grande Amore | “Intento facer letras despreocupadas, pero sempre acabo tirando pola parte agónica”

Te puede interesar