Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Dous millares de estudantes coruñeses participarán no Correlingua entre Riazor e a Torre de Hércules

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina

A sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na rúa de San Andrés acolleu esta mañá a presentación da Festa do Correlingua 2023 na Coruña, unha cita que volverá este venres 5 ás rúas da cidade e na que participarán case 2.000 alumnas e alumnos de toda a provincia da Coruña. Esta iniciativa conta co apoio do

Concello a través do servizo municipal de Normalización Lingüística.

A andaina sairá ás 11.00 horas desde o pavillón polideportivo de Riazor en dirección á Torre de Hércules. Alí, ao pé do monumento e nun acto conducido pola actriz Isabel Risco, terá lugar a festa final, na que participarán uns 20 centros educativos da cidade e tamén das comarcas e concellos próximos. Entre eles, os de Arteixo, A Laracha, Cambre, Carral, Cerceda, Laxe, Oleiros e Vimianzo.

Tras a leitura dun manifesto, a rapazada poderá disfrutar coa música do grupo ‘Cuarta Xusta’ e tamén coa entrega dos premios destinados ás alumnas e alumnos gañadores dos concursos escolares contextualizados no Correlingua.

A Festa do Correlingua 2023, promovida pola Asociación Cultural Correlingua e que nesta edición inclúe o lema ‘Na casa, na escola, bota a lingua fóra’, ideouse co obxectivo de promover a normalización lingüística do galego entre a mocidade e a infancia, coincidindo case no tempo co Día das Letras Galegas. Esta iniciativa vai xa pola súa vixésimo terceira edición, implicando ao longo deste tempo a multitude de centros de ensino a escala galega e tamén ao seu alumnado, contando co apoio, ademais, de persoeiros e organizacións de

todo tipo.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, animou á cidadanía a participar, e apuntou “á importancia que supón a organización do Correlingua en termos de normalización lingüística, un compromiso que asumimos desde as institucións porque a lingua é o elemento máis singular para a identificación dun pobo”.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina