A Deputación presenta a súa programación anual para a celebración das Letras Galegas 2025

A Deputación presenta a súa programación anual para a celebración das Letras Galegas 2025

A Deputación da Coruña presentou esta mañá no Palco da Música todas as actividades que levará a cabo con motivo das Letras Galegas 2025. As deputadas de lingua, Soledad Agra, e de cultura, Natividade González, foron as encargadas de explicar a programación, acompañadas de representantes de algunhas das actividades que a conforman: Xabier Díaz; Donaire; Xacarandaina; Zavala; Maos; Cantometrics; AELG e o documental ‘Lévame a idea’.

 

A deputada de lingua, Soledad Agra, lembrou que “este ano, temos o gusto de adicarlle o día das Letras á poesía popular oral, a un grupo de mulleres cantareiras que recolleron a nosa tradición oral, que representa a idiosincrasia do noso país, e a foron transmitindo”. Neste sentido, explicou que na Deputación “temos unha programación moi extensa que imos desenvolver en moitos concellos da provincia, porque ese é o compromiso desta institución”.

 

A deputada de cultura, Natividade González, salientou o obxectivo de “desenvolver actividades culturais por toda a provincia, descentralizándoas para que cheguen ao máximo número de veciñas e veciños”, facendo fincapé en que se trata “dun programa anual, xa que para nós as Letras Galegas son os 365 días do ano”. González tamén expresou que é unha programación “extensa, intensa e sobre todo continua. Combinamos literatura, música, teatro... e, sobre todo, reflexión sobre a nosa cultura e tradición”

 

Un programa anual

A programación chegará a máis de 25 concellos da provincia, e inclúe concertos, teatro, contacontos, proxeccións, presentacións literarias, adquisición de libros, xornadas, edicións especiais e publicacións.

·         3 grandes concertos temáticos:

o   Efémeras de Cantometrics (maio) en Noia, Carballo e Ortigueira

o   Zavala + Atalaias de Caión (outono)

o   25 aniversario de Donaire (outono) en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira

·         10 proxeccións previstas do documental Lévame a idea

·         2 funcións teatrais escolares con Tanxarina + A biblioteca galáctica contra a IA fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños

·         4 concertos das Pandereteiras de Xancarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo

·         5 concertos de Donaire.

·         4 presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989–2011, de Xabier Díaz en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo

·         3 concellos acollerán a presentación do Manual de Boas Prácticas.

·         3 obras literarias adquiridas e distribuídas en bibliotecas públicas:

o   Pandereteiras de Mens

o   Cancioneiro galego serodio 1989–2011

o   A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

·         11 obradoiros de escrita para o alumando de primaria e secundaria de diferentes centros da provincia

·         Contacontos ilustrados e musicados da obra “Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas” para nenos e nenas de infantil e primaria

 

Todos os artistas e representantes das diferentes actividades que forman parte do programa das Letras Galegas que participaron na presentación de hoxe destacaron o seu “agradecemento” á Deputación “por xerar espazos como este, de encontro, de celebración da cultura e de aturuxo en tantos concellos da provincia, e non só nas cidades”. Ademais, cada un explicou o seu proxecto e en que consiste a actividade que vai protagonizar. Foi o caso dos músicos Xabier Díaz, Cantometrics. Pola súa banda, a deseñadora de Maos, Xiana Iglesias, tamén explicou os detalles do cartel, que “fai un recoñecemento a toda a poesía popular oral, representando as mulleres como transmisoras de todo o legado poético, o contexto no que se crea a poesía e o patrimonio oral, eses espazos de colectividade, e o papel das persoas que estudaron e que facilitaron a transmisión”. “Buscamos conceptos e mesturámolos como se fose unha sorte de caderno de campo”.

A Deputación presenta a súa programación anual para a celebración das Letras Galegas 2025

Te puede interesar