Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Deputación da Coruña lanza unha campaña en redes sociais que une lingua galega e ciencia

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña lanzou este xoves a segunda edición de '#AsPalabrasdaCiencia'. Esta campaña, que se difundirá a través de Internet durante este mes de novembro, ten como obxectivo mostrar o compromiso da institución provincial co mundo científico e a importancia de dinamizar a lingua galega nesta área de referencia social.

Segundo explica este organismo nun comunicado, o proxecto serve para "abrir unha pequena xanela" ao labor das persoas que traballan ao longo de todo o ano en múltiples disciplinas científicas en lingua galega "porque en galego tamén se constrúe ciencia".

A campaña distribuirá nas redes sociais da Deputación contidos que asocian os valores da ciencia co uso do idioma galego e ofrecerá información sobre centros de referencia na investigación e divulgación e sobre fitos históricos da ciencia. Tamén incluirán proxectos que se desenvolven na provincia da Coruña co apoio da esta institución.

Os internautas serán os protagonistas e o motor principal desta iniciativa, convidándoos a difundir contidos que xeren ao longo do mes para que cheguen ao maior número de usuarios posible. Entre todas as persoas que colaboren sortearanse un telescopio e tres lotes de libros de ciencia en galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina