Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Audiencia Provincial absolve aos activistas que subiron ao balcón da Casa Cornide en 2017

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

A Audiencia Provincial da Coruña resolveu a favor o recurso presentado polos ‘9 de Cornide’, os activistas que subiron ao balcón da Casa Cornide no ano 2017, contra a sentenza emitida polo xulgado de instrución número 4 en 2021 que os condenaba a un delito leve.

“Estamos moi contentos coa sentenza que recibimos hoxe máis que nada porque nos da a razón de que aquela sentenza que se emitiu no ano 2021 condenándonos a unha multa de 180 euros estaba fóra de lugar”, declarou Elvira Blanco, portavoz dos denunciados. Os ‘9 de Cornide’ foron denunciados pola familia Franco tras realizar a acción, que pretendía reclamar que a Casa Cornide, propiedade dos Franco, pase a mans públicas. Elvira Blanco engadiu que “a sentenza fai moita énfase en que a acción que desenvolvemos esas 9 personas en 2017 foi un acto que se encadra no marco democrático da libre expresión, e eso non se pode condenar en ningunha instancia”. Ademáis celebrou que “a presente sentenza é firme e non cabe recurso ordinario contra ela”.

En relación co cartel empregado durante a acción coa frase ‘Que nos devolvan o roubado, franquismo nunca máis’ e segundo indica Elvira Blanco, “a sentenza absolutoria entende que roubado é un termo coloquial que non busca acusar ou insultar a ninguén”. Os 9 de Cornide din sentirse “orgullosas e orgullosos pola acción realizada, que serviu para que se puxese o foco nesta cuestión” e insisten en que “seguiremos demandando que a Casa Cornide, ao igual que todos os bens espoliados polo franquismo deben pasar a mans públicas. A Casa Cornide é do pobo galego”.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina